Sesións formativas para nais e pais sobre a crianza dos fillos de 0 a 6 anos

Actividades | Información | Muller


O CIM organiza dúas sesións formativas para nais e pais sobre a crianza dos fillos de 0 a 6 anos. As charlas serán impartidas pola pedagoga e psicopedagoga Nuria Otero.

  • Datas: 1 e 15 de marzo
  • Hora: 16:00 a 18:00
  • Inscrición: No centro de Información ás Mulleres (CIM), avenida do balneario nº 10, baixo.Arteixo. Tel.:981601415
  • Contido:
    • De 0 a 2 anos. As necesidades básicas: alimentación, sono, choro, contacto físico, resposta inmediata
    • De 2 a 6 anos: Que pasa aos dous anos?. Portase ben- portarse mal... As perrenchas, os límites. A educación non baseada no reforzo.

Nuria Otero é doula e nai de dúas criaturas de 4 e 9 anos de idade. ( Ver cartel )