20111111 - Informativo Radio Arteixo

Informativo | Radio

Concello de Arteixo

Arteixo 11 de novembro de 2011

D.S.

O goberno local acelera os prazos para contratar, canto antes, unha auditoría “operativa” que deberá de servir para analizar a situación da empresa AUGARSA máis aló do aspecto económico. Carlos Calvelo recoñece que a compañía pasa por unha situación “moi delicada”. O alcalde cré que a mala situación da empresa mixta agravouse na pasada lexislatura.

AUGARSA arrastra unha débeda cercana a 1’8 millóns de euros. Os grupos da corporación acordaron recentemente e a necesidade de que a parte pública e a privada soliciten un préstamo de 2’5 millóns de euros para dar unha solución á súa crítica situación. A voceira do BNG, Silvia Seixas, advirtiu da posible disolución da sociedade a principios de 2012 se a compañía non é capaz de afronta-la súa débeda.

“É unha situación perigosa”. A Fundación Secretariado Gitano analiza as declaracións verquidas nas últimas xornadas entorno ós realoxos de chabolistas de Penamoa. A coordenadora provincial do colectivo, Eva Vera, advirte que non se pode acodir ós estereotipos para traballar na reinserción e amosa a disposición da súa organización para colaborar coas administracións no camiño da integración.

Vera matizou as manifestacións do goberno local que, esta semana a través dun comunicado, daba conta un acordo coa Fundación para non realoxar a máis familias de chabolistas no municipio.

O alcalde Carlos Calvelo atribuiu boa parte da situación á acción do goberno bipartito na anterior lexislatura. Calvelo desvelou ata cinco xuntanzas entre servizos sociais de Arteixo e A Coruña durante o mandato de Pilar Souto e o realoxo de ata 29 familias. O PSOE nego calquera relación do goberno anterior cos realoxos. Martín Seco retou ó actual executivo a demostrar con datos as acusacións. O goberno local anunciou esta semana a posta en marcha un operativo policial conxunto, con garda civil, policía nacional e policía local, para tratar de mellora-la situación de Meicende e Pastoriza.

Os viciños de Meicende e o equipo de goberno manterán unha xuntanza sobre este asunto a semana próxima.

Liñas de alta tensión. O colectivo pide ó executivo local a retirada do tendido pola “vía de urxencia”. Nun escrito remitido ó concello, a voceira da plataforma, Anxelina Casas, lembra o pleno extraordinario do ano 2000 no que, por unanimidade se aprobara a retirada do tendido de Oseiro. Casas lembra que “despois de moitas promesas e xestións de lexislaturas anteriores” segue sen haber resultados. O escrito lembra ó alcalde o informe do Valedor do Pobo no que se recomenda o traslado do tendido. As liñas de Alta Tensión circundan 400 vivendas, un colexo de infantil e primaria; varias instalacións deportivas e afectan a unhas 1500 personas cada día.

Doce maiores, pensionistas ou xubilados de Arteixo, conforman o equipo de voluntarios que se encargarán de acompañar a outras personas que vivan en condicions de illamento debido a situacions de dependencia ou escasos recursos. Trátase dos participantes no Proxecto de Voluntariado e Acompañamento Social que onte remataron a súa formación e recibiron a súa acreditación de mans de membros do goberno local. Os voluntarios traballarán seis horas á semana e estarán cubertos por un seguro de responsabilidade civil. Durante o curso recibiron clases relacionadas con técnicas de dinamización sociocultural, psicoloxía ou primeiros auxilios, co obxectivo de que poidan afrontar as súas tarefas coas maiores garantías. En calqueira caso tódalas súas accións estarán supervisadas polos técnicos de servicios sociais do concello. A iniciativa pretende que os maiores acompañantes procuren a inclusión social de outros maiores que, ,en situación de soidade poden derivar exclusión. A concellería de Servicios Sociais indica que hai unha quincena de personas que poderían se beneficiar do traballo destes voluntarios. O censo actual indica que en Arteixo viven 5.569 personas maiores de 60 anos, das que 3.013 son mulleres e 2.556 homes.

Visita do centro de transfusión de sangue de Galicia. Hoxe e mañá sábado. En ambos casos na entrada da rúa peonil de Arteixo e en horario de catro da tarde a nove da noite o día 11 e pola mañá o día 12.

En deportes avanzamos que vindeiro domingo 13 de novembro, se disputará no Circuito Vello de Morás, o I Enduro Resistencia de Arteixo. A proba está organizada polo Motoclub Saltamontes de Arteixo. Será entre as 10.00h a 14.00h.