20111005 - Informativo Radio Arteixo

Informativo | Radio

Concello de Arteixo

Arteixo 05 de outubro de 2011

D.S.

O Concelleiro de obras ven de solicitar a Augas de Galicia un permiso para a limpeza do río de Arteixo, dende a súa zona central, ata a súa desembocadura. A solicitude chega o mesmo día no que se prevé rematen os traballos de dragado da lagoa do paseo fluvial que se acometiu durante os últimos catro días. José Ramón Amado.

Amado está satisfeito co traballo desenvolvido sobre todo porque, explica, tratábase dunha das principais demandas dos viciños. O concelleiro de obras reprocha ó anterior executivo ó non ter executado esta actuación nos últimos catro anos.

O goberno bipartito, segundo expuxera Xosé Márquez, solicitar a limpeza e dragado do río a finais do ano 2009.

A concellería de mocidade pregúntase para qué sirve e resposta con un plan de participación. O mes de setembro serve ó departamento para a reflexión: non faceremos nada que os mozos non demanden. Ramón Castro, técnico de xuventude, leva anos na organización de eventos. Algúns deles, presuntamente demandados polos mozos, foron finalmente un fiasco.

A reorientación do departamento chega nun momento, di Castro, de repunte do asociacionismo. En setembro pasado naceron tres novas asociacións xuvenís. O departamento levará as súas informacións e actividades a puntos novos e permanentes como Meicende, Pastoriza ou Vilarrodís. Haberá un local público, ou conveniado con outras entidades, para atender ós mozos destes lugares.

Para a posta en marcha dos seus obxectivos, a concellería que dirixe Purificación Zas, comeza esta semana unha enquisa on-line que servirá para valorar as propostas que presenten as asociacións. Tamén se organizarán asambleas abertas, con gran presencia nas redes sociais, para discutir ideas e analiza-los contidos do presuposto que disporá a concellería.

Unha empresa de Carballo ven de solicitar diante da Consellería de Medio Ambiente, a instalación dun centro de tratamento de residuos non perigosos en Santa Icía. O anuncio aparece na páxina web municipal. Xa está aberto o prazo de reclamacions que é de 20 días, a partir da publicación.

A Concellería de Maiores e Servizos Sociais, abre o prazo de inscrición para o curso de formación para o proxecto de Voluntariado e Acompañamento Social.
Éste proxecto, ten como obxectivo primordial a captación e incorporación como persoas voluntarias a persoas maiores do Concello de Arteixo. O curso terá lugar entre o 18 de outubro e o 9 de novembro próximo.

O IES Manuel Murguía organiza esta tarde, ás 20:00 h., unha charla informativa titulada "Navega con Rumbo", do proxecto Abalar. Diríxese a pais e nais do alumnado do centro de 1º e 2º de ESO. Será no centro cívico de Arteixo.
Na cultura apuntamos tamén a presentación do primeiro CD do compositor de Arteixo Rubén Someso. Será o sábado próximo no centro cívico a partir das sete da tarde. Trátase da primeira das presentacións deste compositor que depois levará a súa música a Londres e Madrid.

O CD presenta seis obras compostas entre os anos 2002 e 2010, entre as que atopamos tres obras para piano solo, unha obra para clarinete baixo solo, unha obra para piano e percusión; e unha obra para orquesta de corda.

Ábrese mañá a semana sociocultural dos maiores. Comeza coa inauguración, ás sete da tarde, dunha nova exposición de fotografías e obxectos antigos. Será no centro cívico e cultural e a poderán visitar ata o próximo día 16. As actividades da asociación inclúen un baile clausura, con sorteos, para o próximo 19 de outubro entre as cinco da tarde e as oito da noite. No centro de maiores de Baiuca.

Festival de Títeres do Consorcio de As Mariñas que alcanza este ano a súa séptima edición. Ata o 12 de outubro próximo Arteixo e outros concellos do ente supramunicipal disfrutarán de 13 das mellores compañías do teatro de marionetas. As funcións de Arteixo serán no Auditorio do Centro Cívico Cultural. Comezan este mañá ás 17:00 h con Juan Catalina, de Castilla-León, coa obra "Torta y leche". Para poder asistir como espectadores é imprescindible recoller as invitacións dende hoxe de 9:00 a 14:00 h, ou 1 h antes da función.

Na semana mundial da lactancia materna o CIM de Arteixo celebra mañá unha charla informativa sobre a lactación materna. Será no centro de maiores de A Baiuca ás catro da tarde. Diríxese a nais e pais e a impartirá Eva González Souto que é presidenta e asesora da Asociación Alma, grupo de apoio á lactación. A actividade complétase con actividades para nenos e nenas e unha merendola final a partir das cinco da tarde.

Semana de visitas do centro de transfusión de sangue. Comezan hoxe mesmo en Meicende. En horario de tarde entre as catro e as seis e media. Tamén en Pastoriza entre as sete e as nove da noite. Mañá e o venres 7 estarán en Arteixo, en ambos casos entre as catro da tarde e as nove da noite.