20111004 - Informativo Radio Arteixo

Informativo | Radio

Concello de Arteixo

Arteixo 04 de outubro de 2011

D.S.

Terra Galega insta ó executivo local a rematar obras pendentes como o saneamento de Larín ou asfaltados como o da rúa Ría de Betanzos. Xosé Márquez cre que se trata de traballos prioritarios e pide que o goberno os inclúa no novo Plan de Obras e Servizos da Deputación Provincial que podería se debater en pleno a finais deste mes de outubro. Márquez lembra que algún deses traballos está pendente dende o anterior exercicio.

Os concelleiros de TEGA presentan hoxe por rexistro un escrito coas súas sugerencias. O voceiro critica que non o podan facer, asegura, a través dunha comisión informativa.

A Deputación Provincial adica ó Plan de Obras e Servizos de 2012 un totoal dee 24.200.000 euros, o mesmo presuposto que no exercicio actual. O novo POS inclúe unha cláusula que permitiría ós concellos destinar ata o 60% do que reciban para alivia-lo seu gasto corrente e deixando só o 40% para inversions.

A Concellería de obras recibiu nos últimos dous meses 535 avisos para distintas reparacións. As máis habituais refírense á rotura de arquetas, deficiencias na sinalización viaria, peticións de pasos de peóns ou bandas rugosas; problemas de alumeado, que supón o 33% do total, ou, incluso a retirada de colmenas. José Ramón Amado implementou, dende a súa chegada, un sistema de recollida de avisos que supuxo cambia-los métodos de traballo para a resolución destas actuacións.

O anterior inquilino do despacho de concelleiro de obras non está sorprendido polo número de actuacións e asegura que é o habitual no departamento. Xosé Márquez sinala ademáis que na relación actual tamén se inclúen actuacións que anteriormente correspondían a Medio Ambiente.

O goberno local sinala que o 95% das actuacións foron atendidas por personal municipal. As que precisaron dunha contratación exterior debiuse á necesidade de maquinaria especializada da que non se dispón no concello.

De cara ás eleccións de Novembro próximo xa se poden consultar os datos do censo electoral. Cando menos aqueles que sexan españois nacidos antes do 21 de novembro de 1993. O período de consulta ábrese hoxe e se prolonga ata o día 10 de outubro próximo. Nas Oficinas Municipais de Padrón, de luns a venres, de 8:00 horas a 15:00 horas. É imprescindible, para acceder ós datos, presentar o DNI ou Carnet de Conducir. Os que dispoñan de certiciado dixital poden consultar os seus datos en https://sede.ine.gob.es.
Os cidadáns empadroados en Arteixo antes do 29 de xuño de 2011 terán que consultar o Censo no Concello onde antes residían. No caso de figurar nel, poderán votar no colexio electoral correspondente ó seu anterior enderezo.

Na semana mundial da lactancia materna o CIM de Arteixo celebra este xoves unha charla informativa sobre a lactación materna. Será no centro de maiores de A Baiuca ás catro da tarde. Diríxese a nais e pais e a impartirá Eva González Souto que é presidenta e asesora da Asociación Alma, grupo de apoio á lactación. A actividade complétase con actividades para nenos e nenas e unha merendola final a partir das cinco da tarde.

Semana de visitas do centro de transfusión de sangue. Comezan o día cinco en Meicende. En horario de tarde entre as catro e as seis e media. O mesmo día estarán en Pastoriza entre as sete e as nove da noite. O xoves 6 e o venres 7 de outubro en Arteixo, en ambos casos entre as catro da tarde e as nove da noite.

Na cultura, un ano máis, falamos do Festival de Títeres do Consorcio de As Mariñas que alcanza este ano a súa séptima edición. Ata o 12 de outubro próximo Arteixo e outros concellos do ente supramunicipal disfrutarán de 13 das mellores compañías do teatro de marionetas.

Di a organización que O festival este ano destaca pola variedade da programación e polas técnicas que se utilizan nos espectáculos e que inclúen obras con bonecos de luva, sombras, marionetas con fíos, de mesa, narracións ou teatro de máscaras. Trátase de achegar ó público unha gran variedade de estilos tanto no diseño das personaxes como na súa manipulación. As funcións de Arteixo serán no Auditorio do Centro Cívico Cultural. Comezan este xoves 6 de outubro ás 17:00 h con Juan Catalina, de Castilla-León, coa obra "Torta y leche". Para poder asistir como espectadores é imprescindible recoller as invitacións dende hoxe de 9:00 a 14:00 h, ou 1 h antes da función.