20110930 - Informativo Radio Arteixo

Informativo | Radio

Concello de Arteixo

Arteixo 30 de setembro de 2011

D.S.

O goberno aproba, con abstención de toda a oposición, a nova ordenanza reguladora do procedemento de intervención e control na execución de obras ou no exercicio de actividades e servicios. Trátase, di o goberno local, de axilizar os procesos da administración e a concesión de licencias. Os datos do alcalde din que hai en Arteixo 250 obras maiores sen licencia. Sentencia Carlos Calvelo que xa non hai constructores e promotores en Arteixo porque marcharon a outros concellos onde é máis sinxelo traballar.

O primeiro edil ten un motivo personal para defender a súa proposta. Está en Morás e ten máis de 80 anos. Non foi quen de conseguir permiso para repoñer parte do seu tellado despois de máis de seis meses e ata catro visitas ó concello.

As “parábolas” non convencen á oposición. Xosé Márquez iniste na perigosidade da ordenanza e indica que, cando haxa problemas, o único responsable será o goberno.

O BNG ve partes positivas pero amosa dúbidas. Silvia Seixas alude a posibles problemas de adaptación. Lembra que a ordenanza estará suxeita a unha lei de rango superior. A nacionalista indica que haberá que a ordenanza terá que modificarse.

No PSOE piden a retirada do punto para unha mellor análise. Non ten éxito a proposta aínda que unha confusión na votación case propicia a súa aprobación. Martín Seco cre que se trata dunha ordenanza pouco elaborada e que presenta problemas legais.

Nas bancadas do PP o concelleiro Alberto Castro defende a medida porque “beneficia ós viciños”: Castro pasa de puntillas polas explicacións técnicas.

O pleno, máis de dúas horas e media, aproba por unanimidade unha moción do BNG na que se pide á Xunta subsaba-las deficiencias do servizo 065. As familias afectadas de Arteixo foron recibidas polo alcalde unha vez finalizada a sesión plenaria. Todos os grupos se interesaron, dunha forma ou outra, pola situación da programación desta radio. Piden o regreso dos espacios políticos. En preguntas e a través dunha moción de urxencia. Non prospera. A resposta volve a remitir ó consello de administración. A sesión deixa tamén as dúbidas da oposición respecto do contrato asinado polo goberno cunha empresa de comunicación. PSOE, TEGA e BNG aluden á posible ilegalidade do acordo.

Pleno da Deputación da Coruña no que se tratarán temas como a aprobación dun convenio entre o organismo provincial e os concellos para o sostemento dos Grupos Municipais de Intervención Rápida. Será hoxe e o ente provincial tamén abordará a aprobación das bases reguladoras do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal.

O BNG imparte esta tarde unha conferencia sobre a reforma da constitución. Será no Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico. Falarán a voceira municipal Silvia Seixas e Francisco Jorquera que é o representante do BNG no Congreso dos Diputados. Ás oito da tarde.

O CCA apura os preparativos para a posta en marcha dunha nova edición da pasarela de moda Arteixo. Será este sábado a partir das oito da tarde no Pazo dos Deportes. O evento, algo máis de unha hora, conta con modelos profesionais que compartirán pasarela con afeccionados do municipio. Participarán boa parte dos establecementos de moda de Arteixo. Será mañá sábado a partir das oito da tarde no Pazo dos Deportes. O evento, algo máis de unha hora, conta con modelos profesionais que compartirán pasarela con afeccionados do municipio. O desfile amosará coleccións de moda para home, muller, lenceiría.

Punto e final ó programa “cultura para nenos”. Remata mañá venres, “Bajo mi cama una estrella” a cargo de La tirita de teatro

Adianto das próximas visitas do centro de transfusión de sangue. En outubro comezarán o día cinco en Meicende. En horario de tarde entre as catro e as seis e media. O mesmo día estarán en Pastoriza entre as sete e as nove da noite. O xoves 6 e o venres 7 de outubro en Arteixo, en ambos casos entre as catro da tarde e as nove da noite.