20110929 - Informativo Radio Arteixo

Informativo | Radio

Concello de Arteixo

Arteixo 29 de setembro de 2011

D.S.

A UTE Langosteira pechará a súa actividade a finais deste ano. A previsión é da Plataforma de Afectados polo Porto Exterior que, antes do cese das obras, quere finiquitar coa empresa os arranxos pendentes nas vivendas de zonas afectadas. A UTE fíxose cargo, dende o inicio dos traballos, dos danos causados nas casas dos arredores a través dun protocolo de gretas. Víctor Naya é o voceiro da plataforma de afectados.

A Plataforma de afectados espera un movemento do goberno local para coñecer a alternativa que o executivo presentará ó acceso ferroviario á dársena. O colectivo, de momento, quédase coas tres posibilidades que xa coñecen e piden ó goberno unha nova que afecte en menor medida ós núcleos de poboación. Víctor Naya.

Goberno e plataforma reuníronse xa en xuño pasado para falar de este e outros asuntos. O colectivo anuncia a convocatoria dunha asamblea para tratar estes e outros temas. O encontro se celebrará no salón de plenos do concello mañá venres ás 20:30 h.

O pleno do concello debate hoxe a nova ordenanza que permitirá a obtención de licencias de obra menor nun prazo de 24 horas. O goberno local sostén que nos últimos tres anos o retraso na concesión de permisos urbanísticos custou ó concello case dous millóns de euros e preto de 1000 postos de traballo. O colapso no departamento urbanístico tamén foi queixa habitual do anterior executivo. A nova ordenanza afectará tamén ós permisos de primeira ocupación e actividade. O seguinte paso será reorganiza-lo departamento que dirixe Alberto Castro.

Os grupos da oposición amosan as súas dúbidas respecto da ordenanza. Silvia Seixas afirma que a medida non ten como obxectivo beneficiar ós veciños.

Tamén dúbidas en TEGA e PSOE. Xosé Márquez.

Martín Seco no PSOE avoga por solicitar un informe xurídico completo sobre o asunto.

O Concelleiro de urbanismo defende a proposta. Alberto Castro asegura que os grupos da oposición “non chegaron a ler a ordenanza”. Castro pon exemplos de concellos onde se aplica a mesma medida.

O pleno, ás oito da tarde, non debaterá unha moción presentada polo PSOE na que se instaba ó goberno a reactiva-los espazos de intervención política na radio municipal. PSOE e BNG tamén aludirán as supostas deficiencias que presenta o servizo do 065. Silvia Seixas critica á conselleira de traballo e benestar social que xustificou na falta de recursos humanos a situación de dúas familias de Arteixo que denuncian o mal funcionamento do servizo. Os afectados, que teñen concedido o servizo de asistencia do 065, non poden facer uso do mesmo. O Pleno tamén acollerá diversas preguntas da oposición sobre a situación do paseo de Barrañán, ou o transporte nos centros educativos.

O CCA apura os preparativos para a posta en marcha dunha nova edición da pasarela de moda Arteixo. Será este sábado a partir das oito da tarde no Pazo dos Deportes. O evento, algo máis de unha hora, conta con modelos profesionais que compartirán pasarela con afeccionados do municipio. Participarán boa parte dos establecementos de moda de Arteixo. Será o próximo sábado a partir das oito da tarde no Pazo dos Deportes. O evento, algo máis de unha hora, conta con modelos profesionais que compartirán pasarela con afeccionados do municipio. O desfile amosará coleccións de moda para home, muller, lencería.

Punto e final ó programa “cultura para nenos”. Remata mañá venres, “Bajo mi cama una estrella” a cargo de La tirita de teatro

Adianto das próximas visitas do centro de transfusión de sangue. En outubro comezarán o día cinco en Meicende. En horario de tarde entre as catro e as seis e media. O mesmo día estarán en Pastoriza entre as sete e as nove da noite. O xoves 6 e o venres 7 de outubro en Arteixo, en ambos casos entre as catro da tarde e as nove da noite.