20110928 - Informativo Radio Arteixo

Informativo | Radio

Concello de Arteixo

Arteixo 28 de setembro de 2011

D.S.

O goberno local resposta ás críticas que os grupos da oposición fixeron á nova ordenanza que o exectuvo pretende aprobar mañá en pleno. O alcalde “está sorprendido” polas manifestacións dos voceiros e pide á oposición que sex amáis “rigurosa” nas súas declaracións e escritos acerca da nova ordenanza sobre actividades e obras. O executivo fai alusión ás declaracións do PSOE que, nesta emisora, cuestionou a validez do que se pretende aprobar pola súa adecuación á lei do solo. O goberno lembra que a nova ordenanza está motivada pola obrigada adaptación a unha directiva europea que, indican, “é superior en rango legal á lei do solo. Tanto BNG como TEGA poñen en entredito a ordenanza e solicitaron informes xurídicos. O BNG cuestiona ademáis que se trate dunha medida para beneficiar ós viciños e pon o punto de mira nos promotores. O alcalde lembra que Arteixo ten pendentes máis de 500 licencias de actividade, 240 de obra maior e 120 de obra menor.

A sesión acollerá ademáis unha iniciativa do BNG respecto das deficiencias que presenta o servizo do 065 e que estes días mantén no primeiro plano da actualidade a dúas familias de Arteixo que denuncian o seu mal funcionamento. Silvia Seixas critica á conselleira de traballo e benestar social que xustificou na falta de recursos humanos a situación destas familias. Os afectados, que teñen concedido o servizo de asistencia do 065, non poden facer uso do mesmo.

O PSOE, aínda en pleno, insistirá por vía de urxencia, na restitución dos espacios adicados a políticos en Radio Arteixo. O executivo rechazou unha primeira moción por se tratar dunha cuestión relativa ó Concello de administración da emisora. O alcalde asegura que o convocará en outubro próximo.

Serán 42 parcelas. O BOE publica a relación de terreos afectados polo proxecto de reforma da rotonda de Sabón. Son só 6 parcelas menos que o proxecto inicial que contemplaba o paso subterráneo. O coste redúcese, con respecto a este, nun 52%. A xunta destinará 329.550 € ás expropiacións. Trátase de 31 labradíos, dúas casas e, segundo o publicado, o proxecto case non afecta a solo industrial. A Xunta defendiu este proxecto, fronte ó inicial, por se tratar dunha obra menos costosa, máis rápida e con menor afección de terreo. Os grupos municipais na oposición cuestionan estes argumentos e sosteñen que o proxecto que finalmente se executará non solucionará os problemas de tráfico da rotonda nada máis que a curto prazo. O novo trazado deberá de absorver o paso diario de 50.000 vehículos.

A plataforma de afectados pola construcción do porto exterior anuncia a convocatoria dunha asamblea para tratar asuntos que, indican, interesan a tódolos viciños do municipio. O encontro, sobre futuras infraestructuras, se celebrará no salón de plenos do concello o próximo venres ás 20:30 h.

O CCA apura os preparativos para a posta en marcha dunha nova edición da pasarela de moda Arteixo. Será este sábado a partir das oito da tarde no Pazo dos Deportes. O evento, algo máis de unha hora, conta con modelos profesionais que compartirán pasarela con afeccionados do municipio. Participarán boa parte dos establecementos de moda de Arteixo. Será o próximo sábado a partir das oito da tarde no Pazo dos Deportes. O evento, algo máis de unha hora, conta con modelos profesionais que compartirán pasarela con afeccionados do municipio. As motivacións as expón a presidenta do Centro comercial aberto Ana García.

O desfile amosará coleccións de moda para home, muller, lenceiría.

Lembramos que a Deputación da Coruña mantén aberto o prazo para os pagos de tributos e as taxas municipais correspondentes a 84 concellos con xestión a cargo do organismo provincial. En Arteixo trátase do Imposto sobre bens inmóbeis; o Imposto sobre actividades económicas; a Taxa por entrada de vehículos e a segunda cota da taxa por instalación de postos e barracas.

O pago de valores como os impostos sobre bens inmóbeis e sobre actividades económicas, así como as taxas e os precios públicos municipais, poderán realizarse antes do 21 de novembro sen recarga de ningún tipo. Os que realicen esta xestión entre esa data e o 31 de dicembre do presente ano, terán que facer fronte a unha recarga asociada correspondente ao 5% da factura total.

O pago pode realizarse no Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, Banco Popular Español, Banesto, Banco Etcheverría, Banco Gallego, Banco Pastor, Banco Santander, Caja de ahorros de Barcelona e NCG Banco.

Punto e final ó programa “cultura para nenos”. Remata o próximo venres, 30 de setembro, con “Bajo mi cama una estrella” a cargo de La tirirta de teatro

Adianto das próximas visitas do centro de transfusión de sangue. En outubro comezarán o día cinco en Meicende. En horario de tarde entre as catro e as seis e media. O mesmo día estarán en Pastoriza entre as sete e as nove da noite. O xoves 6 e o venres 7 de outubro en Arteixo, en ambos casos entre as catro da tarde e as nove da noite.