O Concello de Arteixo pon en marcha o II Plan Municipal de Formación e Emprego

Actividades | Información | Promoción Económica

II plan de formacion

O vindeiro 12 de abril o Concello de Arteixo abrirá o prazo de inscrición para os cursos comprendidos dentro do II Plan de Formación e Emprego, unha iniciativa pensada para facilitar a todos os arteixáns o acceso ao mercado laboral, a través dunha formación específica, detallada e adecuada a realidade social e á demanda actual.

Neste segundo plan de formación inclúense cursos de informática, internet, auxiliar de xeriatría, conductora de autobús, carpinteiros, atención e información ao cliente e auxiliar de almacén. Todos eles acompañados dun diploma acreditativo para quen complete un mínimo do 80% das horas lectivas satisfactoriamente.

Cada un dos cursos contará con 15 prazas, que serán seleccionadas mediante valoración nunha entrevista persoal, agás nos casos dos cursos de internet e informática, onde as prazas serán adxudicadas por sorteo. Poderán inscribirse nestes cursos todos aqueles arteixáns inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes de emprego, aínda que non poderán repetir aqueles que xa estiveran inscritos nalgún dos cursos que o Concello ofertou no ano 2009.

Todos estes cursos son absolutamente gratuitos, e o Concello subministrará aos asistentes o material necesario para os mesmos.

Máis información no Departamento de Formación e Emprego.
Edificio de Servizos Sociais - Concello de Arteixo.
Rúa Ría de Noia, 2 - 2º
Telf: 981640836 - 981640572