O cómico Rober Bodegas, e os retratos de Fran Torrecilla, pratos fortes do programa de Entroido do Concello de Arteixo

Cultura | Información

Febreiro asoma xa a súa faciana polas portas do Concello de Arteixo, e con el chega tamén o Entroido, unhas festas que cada ano contan con maior participación dentro do municipio e que este 2010 veñen acompañadas dun completo programa de festexos, que combina os tradicionais concursos de disfraces, carrozas e comparsas, con actuacións e citas culturais de todo tipo.

A festa comezará o venres 12, venres de Entroido, momento no que o humorista Rober Bodegas, gañador do concurso televisivo “El Rey de la Comedia” no ano 2007 e guionista e colaborador do programa “Se lo que hicisteis”, subirá ao escenario do Auditorio do Centro Cívico para arrincar as sonrisas dos presentes co seu monólogo “Un Condón Por Si Ligo”.
 
Dende ese momento, e até o día 27, os actos sucederanse por todo o concello: inchables en Arteixo, Meicende e Oseiro, Desfiles, Concerto da Banda de Música Santiago de Arteixo, e a proxección do vídeo da X Feira Histórica de Arteixo, son algunhas das paradas no camiño do Entroido Arteixán.
 
A nota cultural das xornadas correrá a cargo dos retratos do artista Fran Torrecilla, coñecido fotógrafo e pintor, que inaugurará a súa mostra, unha curiosa en nada convencional colección de retratos, o luns 15 de febreiro, na Sala de Exposicións do Centro Cívico.

Descargar díptico.