Escolas Deportivas Municipais 2009-2010

Deportes | Información

viii deporte na rua

Desde a Concellaría de Deportes infórmase do proceso de inscrición das Escolas Deportivas Municipais para o vindeiro curso 2009/2010.

O Proceso de inscrición para o vindeiro curso 2009/2010 será o seguinte:

  • RENOVACIÓN DE PRAZAS: Do 01 ao 04 de setembro
  • NOVAS PRAZAS:
    • Do 14 ao 18 de setembro, só para os empadroados no concello.
    • Do 21 ao 25 de setembro, tamén para os non empadroados.

Descargar tríptico informativo ( pdf )

Rematados estos prazos e a partir do 01 de outubro seguiranse facendo inscricións no caso de que queden prazas libres.

As actividades comezarán o 01 de outubro, só para aqueles alumnos que teñan formalizada a inscrición co xustificante de pago presentado no Servizo Municipal de Deportes.
 
As inscricións realizaranse nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes (Edificio de Servicios Múltiples 3º andar. Travesía de Arteixo nº 249) en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 h.