I DÍA DA RAQUETA
O campión galego de tenis absoluto por oito veces consecutivas, Miguel Casal Arantes, participará no I DÍA DA RAQUETA en Arteixo. A actividade promovida pola Concellaría de Deportes de Arteixo e organizada en colaboración co S. Madariaga Tenis Club, pretende que todos os nenos e adultos afeccionados ao tenis participen na exhibición e posterior sesión de iniciación - perfeccionamento que terá lugar o mércores 28 de maio ás 18:00 horas no Pavillón Municipal Ponte dos Brozos.
O evento, que contará coa participación de 8 destacados xogadores coruñeses de diferentes categorías (desde benxamín ata cadete), ofrecerá a posibilidade a todos os asistentes de participar na clase de tenis ofrecida por Tonecho Añón, adestrador nacional da RFET e o propio Miguel Casal. Ademais, os máis pequenos disporán de dúas redes de mini-tenis e raquetas para iniciarse coas explicacións dos monitores do S. Madariaga.
A actividade, na súa primeira edición, ten como obxectivo promocionar o tenis dentro das escolas deportivas de Arteixo e está dirixida a persoas maiores de 6 anos. Un sorteo de agasallos e unha entrega de premios aos xogadores pechará o día da raqueta en Arteixo.
Todos os que desexen participar só teñen que presentarse o mesmo día mércores 28 de maio de 2008 no Pavillón Municipal Ponte dos Brozos ás 18 horas.












