IX COPA TT 4 ESTACIÓNS - I RAID DE ENDURO CONCELLO DE ARTEIXO
O vindeiro fin de semana do 16 ao 18 de marzo de 2008 terá lugar no Concello de Arteixo a IX Copa TT 4 Estacións - I Raid de Enduro Concello de Arteixo. Trátase dun evento de Enduro na modalidade de Ruta (Raid), aberta a todo tipo de motocicletas de campo, matriculadas e con seguro: Enduro, Trail, Trial, Scooters, Quads....
PROGRAMA
-
Venres 16 de Maio
Recibimento e entrega de documentación na Carpa do Moto-Club Team Arteixo.
-
Sábado 17 de Maio
A partir das once da mañá e ata as dúas da tarde, volta de recoñecemento do I Raid de Arteixo. Haberá , como en todas as probas, tramo cronometrado a fin de establecer a orde de saída.
Feira-exposición de motos novas e usadas
-
Domingo 18 de Maio
- Ás 09.00 h. saída e comezo do I Raid de Arteixo. Serán tres voltas sobre un percorrido de 50 Kms., que totalizan un total de 150 Kms. para as categorías superiores, tendo que dar o resto de categorías dúas voltas ao percorrido.- Ás 15 h. entrega de Trofeos.
NOTA:
-
I.- Centro neurálxico e Parque pechado: Chaira Campo dá Festa
II.- O peche da inscrición é o Martes 13 de Maio !!!!!
III.- É absolutamente imprescindible circular coa moto en regra (luces, seguro, matricula.......).
CATEGORÍAS:
A/ Motocicletas 2T.
B/ Motocicletas 4T. 250 c.c. Motos de 4 tempos ata 250 c.c.
C/ Motocicletas 4T.Superiores. Motos de 4 tempos de 251 c.c. ata 600 c.c.
D/ Veteranos A
E/ Veteranos B
F/ Motocicletas Trail.
G/ Promesas
H/ Motocicletas 50 c.c /Trial. As motos de Trial con pneumáticos de Trial
I/ Veteranísimos
J/ Infantís
K/ Mulleres.
L/ Motocicletas Clásicas ( dotadas de dúas amortiguadores).
M/ Quads.
Máis información http://www.copatt4estaciones.com/info.html












