CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FUTBOL SALA DE POLICÍAS E BOMBEIROS

Deportes | Intercambio

Logotipo do departamento de deportes

A pasada fin de semana, os días 3 e 4 de maio, celebrouse en Pola de Siero (Asturias), o IV Campeonato de España de Fútbol Sala para policías e bombeiros.
Ao mesmo acudiu unha formación composta por membros da Policía Local do Concello de Arteixo, representando á A.P.P.L.A. ( Asociación Profesional da Policía Local de Arteixo).
En total acudiron a esta cita un total de 32 equipos procedentes dos máis diversos puntos de todo o pais, sendo en total 5 equipos da Comunidade Autonónoma de Galicia (Policía local de A Coruña, Moaña, Ourense e Arteixo, e Policía Nacional de Lugo).
De entre estas, os representantes de Arteixo foron os que quedaron mellor posicionados, a pesar das importantes baixas coas que se desprazaron a Asturias, chegando a oitavos de final e quedando por diante de cidades como Zaragoza, A Coruña ou Oviedo, o que fai máis meritoria a súa participación.
O Campeón foi Madrid, que disputou a final con Valladolid.