100729 - II plan de formación 2010 e dun curso de auxilar de xeratría
Enviado por Contratación o xov, 2010-07-29 09:06 Contratación | Provisional
Adxudicación provisional no procedemento de contratación do "II plan de formación 2010 e dun curso de auxilar de xeratría"
O novo CEIP de Arteixo abre as súas portas ao Goberno Municipal
Enviado por Educacion o mar, 2010-07-27 13:32
A Alcaldesa de Arteixo, a Concelleira de Educación e o Concelleiro de Urbanismo visitaban esta mañá as instalacións do novo CEIP Arteixo, xunto co Conselleiro de Educación e o Delegado Provincial da Xunta de Galicia; unha visita algo accidentada, dados os continuos cambios de hora comunicados pola Consellería, que na súa última comunicación co Gabinete de Alcaldía emplazaba ao Goberno Local ás 12:00 horas da mañá.
Fogos artificiais e exhibicións deportivas de alto nivel para abrir as portas do novo Pazo dos deportes de Arteixo
Enviado por Deportes o ven, 2010-07-23 11:52 Deportes | Información
O día acompañou e na tarde de onte xoves 22 de xullo o ceo lucía un espléndido en Arteixo, dando a benvida a todos os convidados á inauguración do Pazo dos Deportes.
Esta fin de semana en Arteixo ...
Enviado por Cultura o xov, 2010-07-22 11:26 Actividades | Cultura | Información
Actividades a destacar esta fin de semana en Arteixo
Exposición pública da listaxe provisional de admitidos e suplentes da EMMA para o curso 2010-2011
Enviado por Cultura o xov, 2010-07-22 11:13 Cultura | Información
Rematado o prazo de matrícula da Escola Municipal de Música de Arteixo (EMMA) para o curso 2010-2011 realízase a exposición pública da listaxe provisional de admitidos e suplentes para realizar posibles alegacións durante o mes de agosto de 2010.
Aprázase temporalmente o campionato de surf por mor da climatoloxía
Enviado por Deportes o mér, 2010-07-21 10:50 Deportes | Información
A Organización do Campionato Galego de Surf, que tiña prevista a súa celebración nas praias de Sabón esta vindeira fin de semana, comunicaba a última hora de onte ao Concello a súa decisión de pospor as probas até novo aviso por motivos de seguridade, dado que as previsións meteorolóxicas non son as idóneas para desenrolar o evento.
100721 - Apertura de plicas "Asesoramento e colaboración na inspección fiscal de tributos do Concello de Arteixo "
Enviado por Informatica o mér, 2010-07-21 10:36 Contratación | Plica
Apertura de plicas do "Asesoramento e colaboración na inspección fiscal de tributos do Concello de Arteixo"
As Festas de Santiago de Arteixo diversifican a oferta e a expanden por toda a parroquia
Enviado por Cultura o mar, 2010-07-20 08:20 Cultura | Festas | Información
Con pouco marxe de tempo e escaso presuposto, pero con moitísima ilusión, a Comisión de Festas de Arteixo asumía, hai dous meses, a organización das Festas do Apóstolo, as festas grandes de Arteixo. O resultado de todo ese traballo e esforzo vía a luz diante dos medios esta mesma mañá (luns), coa presentación oficial dun programa de festas “que diversifica a oferta e a achega a todos os rincóns de Arteixo”, tal e como explicaba o presidente da Comisión, Alberto Rodríguez Amoroso.
O novo Pazo dos Deportes de Arteixo abrirá as súas portas o vindeiro xoves cun acto oficial
Enviado por Deportes o lun, 2010-07-19 13:30 Deportes | Deportes | Información
A obra estrela do FEIL, o Pazo dos Deportes de Arteixo, abrirá oficialmente as súas portas o vindeiro xoves día 22 cun acto oficial, ao que asistirán o Goberno Local, representantes da Deputación Provincial, e representantes do Goberno Central, as tres administracións responsables da posta en marcha deste proxecto.
Subvencións para entidades xuvenís ou prestadoras de servizos á mocidade, e a creadores artísticos do Concello de Arteixo
Enviado por Xuventude o lun, 2010-07-19 09:53 Cultural | Subvencións | XuventudeCONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES XUVENÍS, EQUIPAMENTO E CREADORES ARTÍSTICOS, PARA O ANO 2010
O Concello de Arteixo abre o prazo para a presentación de solicitudes da convocatoria de subvencións para actividades xuvenís, equipamento e creadores artísticos.
A contía total que se destina a esta finalidade é de 4000,00€, con cargo á partida 235.489.00 do orzamento da Concellaría de Xuventude correspondente ao ano 2010
PRAZO DE SOLICITUDE: un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (19/07/2010). Último día de presentación 20 de agosto de 2010.













