DÍA DA BICICLETA - Domingo 27 de xuño

Deportes

O domingo 27 de xuño o Servicio Municipal de deportes, organiza o DÍA DA BICICLETA, e convida a todos os veciños/as a participar na marcha en bicicleta que recorrerá o val de Loureda.
Este marcha, non competitiva e de inscrición totalmente gratuíta, sairá do Pabillón Deportivo Municipal ás 11.00 h e recorrerá a Avda. de Finisterre, a Travesía de Arteixo, Cancelo, Queira, O Igrexario, Ervedíns, Marciñado, Foxo e o Paseo do Balneario.

V Festival Folk - Romaría do Seixedo

Cultura

O sábado 19 de xuño terá lugar na Área Recreativa do Seixedo o V FESTIVAL FOLK, organizado pola Concellaría de Cultura.
O programa desta romaría comeza ás 17.00 h con xogos tradicionais para a xuventude e para os maiores.

Noite Xove na Romaría Folk do Seixedo

Cultural | Xuventude

O vindeiro sábado 19 de xuño, a partires das 0.30 h da noite, e dentro da Romaría Folk do Seixedo, vaise celebrar a Noite Xove, organizada polo Departamento de Xuventude, xunto as Concellarías de Festas e Cultura, e a Asociación Xuvenil Berce.

Curso: A nova lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria

Cursos | Persoal

"A Nova lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria: Aspectos substantivos e procedimentais. O sistema de recursos administrativos e xurisdiccionais"
1.- Obxectivos:
Formar ao persoal municipal para a correcta aplicación da nova Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria. A partir dunha fundamentación teórica e doctrinal, tratarase de impartir o curso cun carácter eminentemente práctico, co fin de que os asistentes coñezan os conceptos no campo do ordeamento xurídico tributario e poidan informar e asesorar aos contribuíntes máis axeitadamente.

Campaña rebaixas

Normalización Lingüística

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Arteixo, en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística preséntalle aos comerciantes deste municipio unha campaña de cara á próxima temporada de “Rebaixas”. Dáselle así continuidade a campañas de distinto tipo desenvolvidas no sector do comercio en anteriores datas, cuns materiais orixinais que, ademais de cumprir co obxectivo de introducir o galego neste ámbito de uso, resultarán de utilidade para o traballo dos comerciantes.

Estas son as túas vacacións

Actos | Muller

O Servicio Galego de Promoción do home e da muller convoca:

  • 10 días e 9 noites en réxime de pensión completa
  • Primeira quincena de xullo ou segunda de agosto
  • Prazo de solicitude: Ata o 15 de xuño
  • Presentacións das solicutes: Rexistro do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller (Pza. Europa, 15, 2º A - 15781 Santiago de Compostela)
  • Máis información: Oficina de Información á Muller R/ Ría de Noia, 2 - Arteixo

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para acceder a Vivendas de Promoción Pública-Vivendas Sociais

Servizos Sociais | Vivenda

Perante o mes de xuño estará aberto o prazo para solicitude de vivendas socias no Concello de ARTEIXO, o prazo de solicitude remata o 30 de xuño.
Para achegar a información os vecinos e veciñas o vindeiro día 3 de xuño terá lugar unha reunión informativa.

Charla informativa sobre Fibromialxia

Conferencias | Servizos Sociais

o vindeiro día 10 de xuño ás 19 horas terá lugar no Centro de Servicios Sociais do Concello unha Charla Informativa sobre a Fibromialxia, impartida por membros da Asociación de Fibromialxia de Galicia. Coñecedores que neste momento son moitas as persoas interesadas en un maior coñecemento deste síndrome ou enfermidade, así como aspectos importantes que é necesario coñecer e incidir.

Vacacións en paz

Intercambio | Servizos Sociais

O concello de Arteixo acollerá esté verán a 5 nenas e nenos saharauis, procedentes dos Campos de Refuxiados de Tinduf.

Cinco familias de Arteixo acolleran este veran a 5 nenas e nenos procedentes dos campos de refuxiados de Tinduf, donde están a vivir dende fai máis de 27 anos. Eles xa naceron nos Campos de Refuxiados, pero os seus antergos tiveron que abandonalos seus fogares, logo da invasión de Marrocos do seu territorio.

Entrega do Premio do II Certame Xornalístico Dora Vázquez

Actos | Muller

O próximo día 10 de xuño ás 13 horas, terá lugar na Aula de Baile do Centro Cívico Cultural, a entrega do Premio do II Certame Xornalístico Dora Vázquez, organizado pola Concellaría de Muller. O premio está dotado con 300 €.