ACTIVIDADES DA OMICO

Servizos Sociais

Ola amigo-a,

Un ano máis a concellaría de Servizos Sociais dende a súa oficina da OMIC presenta actividades para os nenos e nenas de Arteixo. Este verán ofertamos tres actividades diferentes atendendo a diferentes gustos e/ou necesidades dos nenos e nenas e que deste xeito todos teñamos máis oportunidades de participar (ver os anexos)

O que se pretende é que @s participantes (de 6 A 12 ANOS), coñezan os distintos Centros Sociais dos que dispón o Concello e que non queden limitados a coñecer o espacio máis próximo a eles (a súa parroquia).

Os obxectivos desta actividade son: unha convivencia que nos leve a fomentar o traballo en equipo, a autonomía, responsabilidade, diversión, etc... Poremos en contacto ós e ás participantes cos recursos municipais dos que poden disfrutar, daremos a coñecer as parroquias que conforman o municipio (lugares de ocio, folklore, historia...).

IV CAMPAMENTO DE VERÁN DE MÚSICA E CREATIVIDADE

Cursos | Servizos Sociais

O campamento, dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos. Está organizado pola Asociación Pedagóxica e Cultural GAMELAN coa colaboración do Concello de Arteixo e desenvolverase nas instalacións da Asociación Agarimo (Arteixo) en dúas quendas:

  • 1ª quenda: do 4 ó 15 de xullo (ambos incluidos).
  • 2ª quenda: do 18 ó 29 de xullo (ambos incluidos)

O prazo de inscripción remata o 17 de xuño. Antes desa data todos os interesados/as deberán enviar o boletín de Inscripción, debidamente cuberto, á Asociación Pedagóxica e Cultural GAMELAN, c/ Adelaida Muro 52-54 baixo, 15002- A Coruña ou entregalo no edificio de Servizos Sociais (C./Ría de Noia, 2) do Concello de Arteixo e abonar a matrícula que ascende a 125 € para os asociados, 150 € para os censados no Concello de Arteixo e 180 € para o resto dos participantes. Este importe inclúe os gastos de transporte diario dende A Coruña (paradas en Meicende, Pastoriza, Sol y Mar, Froxel e Arteixo) comida, merenda e excursións ( 2 de carácter local e 1 de día completo a unha granxa- escola en Sobrado dos Monxes)

NOVO HORARIO DE VERÁN DA AULA DE INFORMÁTICA

Aula Informatica

Logotipo do Aula de Informatica
A partir do día 20 de xuño comenza o novo horario de verán da Aula de Informática, quedando do seguinte xeito:

  • Luns a Venres de 12:00 a 14:30 horas
  • Sábados pechado

Dito horario da aula queda supeditado a realización de cursos de formación.

ENTREGA DO PREMIO DO III CERTAME XORNALÍSTICO DORA VÁZQUEZ

Muller

OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA (O TITULO BÁSICO DO SISTEMA EDUCATIVO)

Educación

As persoas maiores de 18 anos que necesiten este título podran obtelo mediante a realización das probas que se celebran este ano os días 15 de xuño e o 8 de setembro. O período de matriculación será entre o 18 e 27 deste mes de maio, e entre o 1 e o 2 de setembro.

FESTA DAS FLORES

Cultura | Festas

FESTA DAS FLORES
27, 28 E 29 DE MAIO DE 2005

VENRES, 27 DE MAIO
22.0 h. Verbena popular baixo carpa coa Orquestra CINEMA

SÁBADO, 28 DE MAIO Feira das Flores
9.30 h. Feira tradicional nas adobiadas rúas de Arteixo 11.00 a 24.00 h. 2ª
Concentración de tuninga de Arteixo, na explanada do campo de fútbol 11.30
h. Misa de campo na Área Recreativa do Seixedo co gallo da VII Xuntanza de
Maiores 13.00 h. Sesión vermú baixo carpa coa Orquestra LIMÓN Dende as 13.30
h. Degustación de empanadas e callos ó caldeiro no campo da festa dentro da
VIII Feira Gastronómica de Arteixo 15.00 a 20.30 h. 4º Campionato de España

INMA LÓPEZ SILVA, PREMIO MANUEL MURGUÍA 2005

Cultura

III Certame Manuel Murguía

FÁLLANSE EN ARTEIXO OS PREMIOS MANUEL MURGUÍA 2005

Cultura

III Certame Manuel Murguía

VII XUNTANZA DE MAIORES

Festas | Servizos Sociais

VII XUNTANZA DE MAIORES (3ª Idade)
Festa-Xantar 2005
Sábado 28 de maio
- Área recreativa do Seixedo
- Campo da festa

¡¡Fai a reserva do teu xantar!!

III CERTAME DE FOTOGRAFÍA AMBIENTAL

Medio ambiente