INFORMACIÓN SOBRE SUBVENCIÓNS DE TURISMO

Normalización Lingüística | Subvencións

No sector do turismo faise cada día máis patente a necesidade de adaptar as empresas de servizos turísticos ás esixencias de maior calidade que se observa na demanda dos mercados.

A calidade dos servizos, as súas instalacións e outros aspectos configuran estes estabelecementos como singulares na oferta e cunha crecente demanda no mercado turístico.

MODIFICACIÓNS DAS ORDENANZAS FISCAIS 2005

Impostos | Intervención

Publícanse as modificacións sufridas polas ordenanzas fiscais municipais para o ano 2005. Se poden consultar as mesmas no seguinte enlace:

Cabalgata de Reis: buscamos persoas voluntarias

Cultura

De cara á organización da Cabalgata do 5 de xaneiro, o Departamento de Xuventude e Voluntariado solicita persoas voluntarias para cubrir diferentes postos na organización deste acto. As persoas interesadas pódense dirixir, para recoller máis información, ó Centro Cívico Cultural, a traveso do teléfono 981641812, ou ó Departamento de Xuventude no Edf.

O Nadal na Concellaría de Educación: O Carteiro Real e a Festa das Escolas Unitarias

Cultural | Educación

Os pasados días 20 e 21 de decembro, o Carteiro Real acudiu ós centros educativos de Meicende (CEIP S. Xosé Obreiro), Pastoriza (EEI de Barrionovo), Sorrizo (EEI A Lagoa) e Arteixo (CEIP Ponte dos Brozos), invitado pola Concellaría de Educación, onde atendiu a máis de seiscentos cincuenta nenos e nenas entre os 3 e os 7 anos, recollendo as cartas ddirixidas ós Reis Magos de Oriente, que acudirán ó Concello entre o 2 e o 5 de Xaneiro.

2004 NADAL ARTEIXO "O nadal contigo"

Cultura | Festas

III FESTIVAL DE PANXOLIÑAS
Data: 17 decembro
Lugar: Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo
Hora: 20:30 horas
Entrada Libre

CALENDARIO GALEGO MUNICIPAL 2005

Normalización Lingüística

O Concello de Arteixo a través do Departamento de normalización
lingüística editou o Calendario Galego Municipal 2005. É esta a oitava
edición que sae á rúa e nela, desta volta, faise alusión á demografía,

PROXECTO SOLIDARIO COS PAISES DO SUR

Actos | Educación

"GALA SOLIDARIA 2004" "BIBLIOTECA AMBULANTE DE SAPUCAIA"
O sábado, 11 de decembro a partir das 17:00 h, celebrarase no Pavillón Municipal do Concello(Xunto a Piscina Municipal), un acto solidario de axuda e cooperación con Sudamérica que se ven desenvolvendo desde o ano 2002. Este acto conta co apadriñamento de Mauro Silva e a cooperación entre a ONG "INTERED" e o Concello de Arteixo.

Saída Medioambiental ó Parque Natural do Xurés (Ourense)

Aproveitando o programa de difusión medioambiental da Xunta de Galicia “Vive ao Natural!”, que ofrece visitas guiadas ás áreas naturais protexidas de Galicia, este Departamento organiza unha saída ó Parque Natural do Xurés, en Ourense, próximo á fronteira de Portugal, para o sábado día 18, para a xuventude entre os 16 e os 30 anos. O límite de participantes establécese en 28, sen nengún custe para eles.

O CONCELLO INFORMARÁ ÓS MÁIS DE DOUSCENTOS AFECTADOS POLA CANALIZACIÓN DO GASEODUCTO

O CONCELLO INFORMA ÓS MÁIS DE DOUSCENTOS AFECTADOS POLA CANALIZACIÓN DO GASEODUCTO

Manuel Pose informará ós veciños de Sabón e Uxes afectados polas expropiacións que a empresa REGANOSA levará a cabo nestes dous lugares do termo municipal con motivo das obras de canalización do gas.

"Cos meus mellores desexos"

Normalización Lingüística

"Cos meus mellores desexos" é o lema da campaña que este Nadal promove o Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Arteixo dirixida ao comercio local, en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística.