100826 - Lote 1 do 2º Plan Municipal de Formación 2010 e dun curso de Auxiliar de Xeriatría.

Contratación | Definitiva

Concello de Arteixo

Adxudicación definitiva no procedemento para a contratación do contrato administrativo do Lote 1 do"2º Plan Municipal de Formación 2010 e dun curso de Auxiliar de Xeriatria"

Os novos cursos de Formación Ocupacional abren o seu prazo de inscrición o 1 de setembro.

Cursiños | Formación e emprego

Logo de Formación e Emprego

O Centro de Formación Ocupacional do Concello de Arteixo abre o prazo de inscrición nos seus novos cursos de formación, destinados a dotar de novas ferramentas a todos aqueles que estean na procura dun emprego.

100819 - Conserxería e limpeza do novo pavillón deportivo municipal

Contratación | Provisional

Concello de Arteixo

Adxudicación provisional no procedemento de contratación do servizo de "Conserxería e limpeza do novo pavillón deportivo municipal"

O Concello reitera a petición das chaves do novo CEIP Arteixo á Xunta

Alcaldia | Información

Concello de Arteixo
A menos dun mes do comezo das clases, o Concello de Arteixo reiteraba onte martes á Xunta de Galicia a súa petición, remitida xa anteriormente, na que facía consta a necesidade de que o Goberno Autonómico remita as chaves do novo centro ao consistorio arteixán, que será o encargado do mantemento do mesmo, así como da contratación do servicio de conserxería.

A XXIII regata de embarcacións caseras chega ao porto de Suevos o vindeiro 22 de agosto.

Deportes | Festas | Información

Logotipo do Servicio Municipal de Deportes

A creatividade dos arteixáns e as súas dotes como enxeñeiros poñense a proba novamente coa chegada da XXIII Regata de Embarcacións Caseras, que, como cada agosto, chega á praia de Suevos para demostrar que a navegación está ao alcance de todos, ainda que sexa dun xeito moi particular.

Larín celebras as súas festas en honor a San Roque

Cultura | Festas | Información

Concello de Arteixo

A parroquia arteixana de Larín celebra a vindeira fin de semana as súas festas en honor ao seu patrón, San Roque, e arrancan os festexos o xoves 26 de agosto, ás 19:00 horas, con inchables e chuches de balde para os máis cativos, e cine ao aire libre, a través do programa “Noites de Cine” da Deputación Provincial, coa proxección, dende as 22:00 horas, do filme “Disaster Movie”.

A Alcaldesa de Arteixo lamenta a lentitude da Xunta en dar resposta ao traslado dos alumnos de Barrionovo

Alcaldia | Información

Concello de Arteixo
A Escola Infantil de Barrionovo será finalmente remodelada e ampliada gracias aos fondos FEES do Estado destinados ao Concello de Arteixo, un proxecto que o Goberno Local presentaba á Xunta, para o seu coñecemento, no pasado ano 2009.

A exposición “ROSALÍA SEMPRE VIVA” abre as súas portas no Centro Cívico Cultural

Cultura | Información

Concello de Arteixo

Dende hoxe martes 17 de agosto, e até o vindeiro venres 27, a exposición da Deputación da Coruña, “Rosalía Sempre Viva” abre as súas portas, en horario de 09:00 a 14:00 horas, para todos aqueles que desexen coñecer un pouco máis da figura da grande poetisa galega.

A Alcaldesa de Arteixo asina o convenio coa Banda de Música Santiago de Arteixo

Alcaldia | Información

Concello de Arteixo
A Alcaldesa de Arteixo, Dna. Pilar Souto Iglesias, e o presidente da Banda de Música Santiago de Arteixo, José Manuel Bouzas Suárez asinaban esta mañá o tradicional convenio de colaboración entre ambas entidades, un acordo que posibilita a participación da Banda nalgunhas das citas máis destacadas do calendario festivo municipal, até un total de 12 actuación anuais.

100817 - Aforro enerxético en instalacións municipais

Contratación | En curso

Concello de Arteixo Plan e 2010

O Concello de Arteixo convoca licitación pública para a contratación da obra "Aforro enerxético en instalacións municipais"