Proceso selectivo para o Servizo de Salvamento en praias 2012

Información | Protección Civil

logotipo de Protección Civil
A Asociación de Protección Civil do Concello de Arteixo inicia proceso selectivo do persoal para o Servizo de Salvamento en praias 2012:

  • 4 Técnicos en primeiros auxilios.
  • 4 Tripulantes embarcación de rescate.
  • 37 Técnicos en salvamento acuático.

Os aspirantes deberán solicitar a súa participación neste proceso selectivo presentando solicitude escrita, a disposición nas dependencias de Protección Civil, na parcela nº 24 do Polígono de Sabón, antes do 22 de maio e deberán acompañar á mesma:

  • Fotocopia DNI.
  • Documentación acreditativa da titulación e copia dos contratos laborais para acreditar a experiencia profesional.
  • Fotocopia da cartilla da Seguridade Social.
  • Fotocopia da conta bancaria.

As probas de acceso realizaranse os días 29 maio, 2 e 3 xuño, para os aspirantes que presenten a documentación en prazo e forma.

Información: TLF. 981641414 (08:00 h. a 15:00 h.)