Festas

O concello solicita a colaboración da cidadanía para participar no Enterro do Meco

Cultura | Festas | Información

A comitiva partirá da praza do Balneario ás 19:30 h en dirección á avenida do Balneario. Percorrerá as rúas Médico Amenedo Casavella e Canónigo Cándido Varela ata baixar de novo a avenida peonil para rematar no Anfiteatro do paseo fluvial

O mércores de cinza é unha data marcada no calendario de Entroido e un dos principais atractivos desta festa. A Concellaría de Cultura e Festas fai unha chamada ás veciñas e veciños de Arteixo para enterrar o Entroido.

Oseiro recupera a súa festa de Inverno

Festas | Festas | Información

O galo volve á casa polo nadal

Festas | Información | Turismo

A hostelería de Arteixo iniciou hoxe as xornadas de tapeo do nadal que este ano, ademáis do galo, poden incluir calquera prato típico destas datas como o bacallau ou o cordeiro

O alcalde Carlos Calvelo e a concelleira de Promoción Económica, Patricia Amado, presentaron hoxe a XXV edición de la Feira do Galo, que se celebra o próximo sábado e que espera reunir, nesta tradicional cita, a uns cen vendedores de galos e milleiros de visitantes.

Arsenio Iglesias ilumina o Nadal de Arteixo

Cultura | Festas | Información

O veterán adestrador será o encargado de prender de forma oficial o nadal 2016. Será mañá ás 19.00 horas na Avenida do Balneario. Antes, á partir das 18.00 horas, comezará a recepción do carteiro real na mesma rúa. Tamén haberá chocolate quente para os asistentes nunha degustación gratuita

Arteixo celebra tamén este 17 decembro o 25 aniversario da Feira do Galo, que marca o inicio das festas do nadal e ten moita importancia para a dinamización comercial do municipio.

Romarías Arteixás - San Miguel de Pastoriza

Alcaldia | Festas | Información

Co obxecto de darlle pulo á tradicional Romaría de San Miguel de Pastoriza, o Concello de Arteixo en colaboración coa Asociación Cultural O Grilo programou unha serie de actividades utilizando como fío condutor a histórica Feira da Madeira na que se vendían apeiros de labranza durante a Romaría que honraba o San Miguel.

O 29 de outubro a partir das once da mañá a Praza do Santuario será un fervedoiro de ambiente de Romaría ao que contribuirá unha serie de actividades diversas relacionadas coa cultura tradicional.

O mundo do espectáculo será o fío conductor dunha nova edición da Feira 1900

Cultura | Festas | Información

Será os días 14, 15 e 16 de outubro e as previsións apuntan a que o Concello recibirá nesas datas máis de 20.000 visitantes

Titiriteiros, o mundo do circo ou as barracas de feira protagonizarán os diversos actos e actividades encherán as rúas de Arteixo durante a terceira fin de semana de outubro. Ana Bello, concejala de Cultura, sinala que a aposta deste ano pasará por revalorizar a historia do mundo do espectáculo “que se fixo históricamente na rúa”.

Festival das praias

Festas | Festas | Información

A Asociación de Veciños Pedra da Salsa organiza en Barrañán o primeiro festival das prais de Arteixo

O San Roque chega a Freán os próximos 27 e 28 de agosto

Cultura | Festas | Información

Haberá verbenas, feiras e actividades para os nenos entre outras iniciativas

Larín celebra o tradicional San Roque con tres días de festas

Festas | Festas | Información

Será entre o xoves 18 e o domingo 21 de agosto

Festas en Pastoriza, Meicende, Borroa e Nostián 2016

Festas | Festas


Será os próximos días de agosto

XML feed