Educación

Listaxes definitivas da Escola Municipal de Música de Arteixo de Música e Movemento e das especialidades intrumentais

Educación | Información

A Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa publica as listaxes definitivas da Escola Municipal de Música de Arteixo de Música e Movemento e das especialidades intrumentais para o curso 2017-2018 resultantes do sorteo público realizado o día 24 de maio de 2017.

O prazo de matrícula para o alumnado con praza será entre o 2 e o 16 de xuño

Para matricularse, deberase aportar a seguinte documentación:

  • Copia do DNI e, no seu defecto, libro de familia no caso de nenos/as que aínda non posúan documento nacional de identidade

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

Educación | Subvencións

Logo departamento de Educacion

O prazo de solicitude permanecerá aberto entre o 23 de maio e o 23 de xuño próximo

As solicitudes deberán presentarse presencialmente preferiblemente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

A Concellería de educación fai pública a súa oferta de campamentos de verán

Educación | Información

Logo departamento de Educacion

O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 23 de maio e o 6 de xuño próximo

A Concellería que dirixe Celina Varela oferta un campamento de verán con distintas actividades centradas na ecoloxía, os idiomas ou o deporte; e unha nova edición do obradoiro musical

O Campamento de Educación desenvolverase ao longo de todo o verán desde o día seguinte de remate do curso actual ata o día anterior ao inicio do curso próximo. O obradoiro será entre o 10 e o 21 de xullo e as prazas, neste caso, son limitadas.

Os estudiantes de sexto de primaria do Ponte dos Brozos piden a supresión dos deberes

Actividades | Educación | Información

Logo departamento de Educacion

A Concellería de Educación leva ós alumnos á Casa Consistorial para participar nun pleno no que o alcalde contestou a un amplo abanico de cuestións nun longo turno de rogos e preguntas

Entre os asuntos a debater os alumnos tamén plantexaron a eliminación dos libros de texto en favor das novas tecnoloxías. A visita completouse cunha incursión no departamento de urbanismo e nas dependencias da policía local.

Listaxe provisional de alumnado admitido, en agarda e excluído para a escola infantil municipal de Arteixo (curso 2017-2018)

Educación | Información

Logo departamento de Educacion

Dáse conta da Listaxe provisional de alumnado admitido e en agarda para a escola infantil municipal de Arteixo (curso 2017-2018)

Publicación de listaxe provisional de preinscricións de novo alumnado da Escola Municipal de Música para o curso 2017/2018

Educación | Información

publícanse as listaxes de preinscrición de novo alumnado para o curso 2017/2018.

  • Poderán presentarse reclamacións entre o 10 e o 12 de maio
  • Ver listaxe

"Mensaxeiros solidarios" para explicar a doazón de sangue ós máis pequenos

Actividades | Educación | Información

A Directora da Axencia de Doazón de órganos e sangue, Marisa López, e a concelleira de educación Celina Varela presentaron hoxe unha campaña que pretende, a través dos contos dos Bolechas, achegar o xeneroso xesto da doazón ós alumnos de primaria do municipio

Catro centros de ensino infantil e cinco escolas unitarias recibirán esta campaña que terá chegado a un total de 850 nenos e nenas de Arteixo.

A pequeciencia volve un ano máis con experimentos e actividades para todos

Actividades | Educación | Información

O Paseo Fluvial convértese o venres 5 de maio nun laboratorio ó aire libre para achegar a ciencia, de forma lúdica, ós máis pequenos

A través de distintas actividades e obradoiros, os pequenos terán información que lles axude a entender o que pasa, por qué ocorren as cousas, mediante a participación interactiva. Trátase de observar feitos e fenómenos que suceden ao noso arredor e xogar con eses acontecementos.

Arteixo segue a apostar pola tecnoloxía no ámbito educativo

Educación | Información

O alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, e a concelleira de Educación, Celina Varela, firmaron con once directores de outros tantos centros educativos un convenio para impulsar entre os seus alumnos as tecnoloxías da información e a comunicación. A inversión é de 171.500 euros e servirá para impulsar proxectos tecnolóxicos nos centros

Once centros escolares do municipio crearán así novos proxectos relacionados coa tecnoloxía da información no eido educativo.

Arteixo adica máis de 170.000 euros a axudas escolares para comedor e material

Educación | Subvencións

As axudas o comedor oscilan entre o 20% e o 100% do pago do gasto de comedor en función da renta e as axudas de material escolar oscilan entre 90 e 150 euros, tamén segundo a renta do solicitante

O concello de Arteixo abre o prazo para recibir axudas para pagar o material escolar dos alumnos do concello e para optar as becas do comedor. As axudas están destinadas a alumnos que estudien nos centros educativos de Arteixo. As familias cobrarán as axudas antes de final de ano.

XML feed