Deportes
A XXIII regata de embarcacións caseras chega ao porto de Suevos o vindeiro 22 de agosto.
Enviado por Deportes o xov, 2010-08-19 09:15 Deportes | Festas | Información
A creatividade dos arteixáns e as súas dotes como enxeñeiros poñense a proba novamente coa chegada da XXIII Regata de Embarcacións Caseras, que, como cada agosto, chega á praia de Suevos para demostrar que a navegación está ao alcance de todos, ainda que sexa dun xeito moi particular.
Trofeo Concello de Arteixo de futbol afeccionado
Enviado por Deportes o ven, 2010-07-30 13:20 Deportes | Deportes | InformaciónFogos artificiais e exhibicións deportivas de alto nivel para abrir as portas do novo Pazo dos deportes de Arteixo
Enviado por Deportes o ven, 2010-07-23 11:52 Deportes | Información
O día acompañou e na tarde de onte xoves 22 de xullo o ceo lucía un espléndido en Arteixo, dando a benvida a todos os convidados á inauguración do Pazo dos Deportes.
Aprázase temporalmente o campionato de surf por mor da climatoloxía
Enviado por Deportes o mér, 2010-07-21 10:50 Deportes | Información
A Organización do Campionato Galego de Surf, que tiña prevista a súa celebración nas praias de Sabón esta vindeira fin de semana, comunicaba a última hora de onte ao Concello a súa decisión de pospor as probas até novo aviso por motivos de seguridade, dado que as previsións meteorolóxicas non son as idóneas para desenrolar o evento.
O novo Pazo dos Deportes de Arteixo abrirá as súas portas o vindeiro xoves cun acto oficial
Enviado por Deportes o lun, 2010-07-19 13:30 Deportes | Deportes | Información
A obra estrela do FEIL, o Pazo dos Deportes de Arteixo, abrirá oficialmente as súas portas o vindeiro xoves día 22 cun acto oficial, ao que asistirán o Goberno Local, representantes da Deputación Provincial, e representantes do Goberno Central, as tres administracións responsables da posta en marcha deste proxecto.
Inscrición das Escolas Deportivas Municipais para o vindeiro curso 2010/2011
Enviado por Deportes o mér, 2010-07-14 13:36 Deportes | Deportes | InformaciónDesde a Concellaría de Deportes infórmase do proceso de inscrición das Escolas Deportivas Municipais para o vindeiro curso 2010/2011.
Inscrición Actividades Deportivas Extraescolares 2010/2011
Enviado por Deportes o mér, 2010-07-14 13:29 Deportes | Información
Dende a Concellería de Deportes comunicamos que o proceso de inscrición das actividades deportivas extraescolares para o vindeiro curso 2010/2011 comezará o 1 de agosto de 2010 e prolongarase ata o 30 de setembro.
Peche temporal da Piscina Municipal por limpeza.
Enviado por Deportes o mar, 2010-07-13 13:08 Deportes | Información
A Piscina Municipal permanecerá pechada do 21 ao 27 de xullo por limpeza do vaso e mantemento xeral.
XI Aberto Internacional de Xadrez "Concello de Arteixo" - IV Memorial Argimiro Penide Cedeira "MIRO"
Enviado por Deportes o mar, 2010-07-13 07:58 Deportes | XadrezEste sábado o día 17 de xullo se celebrará o IV Memorial Argimiro Penide Cedeira "Miro" - XI Aberto Internacional "Concello de Arteixo" de xadrez organizado polo Club de Xadrez de Arteixo en colaboración co Concello de Arteixo, Servizo Municipal de Deportes, Deputación da Coruña e AECC.
III Torneo seven de rugby praia Concello de Arteixo
Enviado por Deportes o xov, 2010-07-08 13:02 Deportes | InformaciónO vindeiro sábado 10 de xullo, celebrarase no areal de Sabón, a terceira edición deste torneo de rugby, que se celebra na modalidade de seven.















