Cultura
Arteixo comeza o novo curso con propostas culturais para todos os públicos.
Enviado por Cultura o lun, 2010-08-30 11:34 Cultura | CulturalTras o remate das vacacións estivais e coincidindo coa volta á rutina escolar dos máis cativos da casa comeza a programación de “Cultura para nen@s” da Concellaría de Cultura de Arteixo. A través deste programa levaranse a cabo 4 espectáculos infantís todos os venres do mes de setembro no Auditorio do Centro Cívico Cultural.
Larín celebras as súas festas en honor a San Roque
Enviado por Cultura o xov, 2010-08-19 09:08 Cultura | Festas | Información
A parroquia arteixana de Larín celebra a vindeira fin de semana as súas festas en honor ao seu patrón, San Roque, e arrancan os festexos o xoves 26 de agosto, ás 19:00 horas, con inchables e chuches de balde para os máis cativos, e cine ao aire libre, a través do programa “Noites de Cine” da Deputación Provincial, coa proxección, dende as 22:00 horas, do filme “Disaster Movie”.
A exposición “ROSALÍA SEMPRE VIVA” abre as súas portas no Centro Cívico Cultural
Enviado por Cultura o mar, 2010-08-17 13:43 Cultura | Información
Dende hoxe martes 17 de agosto, e até o vindeiro venres 27, a exposición da Deputación da Coruña, “Rosalía Sempre Viva” abre as súas portas, en horario de 09:00 a 14:00 horas, para todos aqueles que desexen coñecer un pouco máis da figura da grande poetisa galega.
Esta fin de semana en Arteixo ...
Enviado por Cultura o xov, 2010-07-22 11:26 Actividades | Cultura | Información
Actividades a destacar esta fin de semana en Arteixo
Exposición pública da listaxe provisional de admitidos e suplentes da EMMA para o curso 2010-2011
Enviado por Cultura o xov, 2010-07-22 11:13 Cultura | Información
Rematado o prazo de matrícula da Escola Municipal de Música de Arteixo (EMMA) para o curso 2010-2011 realízase a exposición pública da listaxe provisional de admitidos e suplentes para realizar posibles alegacións durante o mes de agosto de 2010.
As Festas de Santiago de Arteixo diversifican a oferta e a expanden por toda a parroquia
Enviado por Cultura o mar, 2010-07-20 08:20 Cultura | Festas | Información
Con pouco marxe de tempo e escaso presuposto, pero con moitísima ilusión, a Comisión de Festas de Arteixo asumía, hai dous meses, a organización das Festas do Apóstolo, as festas grandes de Arteixo. O resultado de todo ese traballo e esforzo vía a luz diante dos medios esta mesma mañá (luns), coa presentación oficial dun programa de festas “que diversifica a oferta e a achega a todos os rincóns de Arteixo”, tal e como explicaba o presidente da Comisión, Alberto Rodríguez Amoroso.
As festas de Santa Mariña de Lañas darán comezo o vindeiro xoves.
Enviado por Cultura o mar, 2010-07-13 13:05 Cultura | Información
A parroquia arteixana de Lañas celebra as súas festas en honor de Santa Mariña, que arrincan o vindeiro xoves día 15 coa orquestra Olympus. O venres, os encargados de encher de música as rúas serán Marca e Foliada, e o sábado as actuacións correrán a cargo de 7Puertas, e Millenium, que darán paso aos fogos de artificio.
Momentos de vida (1993-2010). Exposición de pintura de Silvia Bernard
Enviado por Cultura o mar, 2010-06-29 08:29 Cultura | ExposiciónsTrátase da exposición de pintura dunha veciña de Pastoriza, Silvia Bernard, donde se reflicten momentos puntuais da súa vida, concretamente dende o período de 1993 ata 2010.
Concerto fin de curso Escola Municipal de Música de Arteixo
Enviado por Cultura o xov, 2010-06-24 13:40 Cultura | Información
CONCERTO FIN DE CURSO ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE ARTEIXO Curso 2009/2010
Listaxe de admitidos na Escola de Música Municipal de Arteixo
Enviado por Cultura o mar, 2010-06-22 09:01 Cultura | Información | Música
Publicada a acta do sorteo para o acceso a Escola de Música Municipal de Arteixo












