Benvida do Alcalde

Benvida
Carlos Calvelo Martínez



É unha honra presentarme nesta web como alcalde de todos os arteixáns. É bo que Arteixo estea presente no ciber-espazo, que Arteixo sexa escoitado e sexa visto en toda España e no resto do mundo.

O municipio de Arteixo ten que consolidarse coma un referente a nivel nacional e internacional dadas as súas características a todos os niveis. Así, a nivel socio­económico e industrial, é dos primeiros de toda Galicia; o Polígono Industrial de Sabón, a Dársena de Lagosteira e o Polígono Industrial de Morás, que con unha previsión de 4.500.000 metros cadrados (1.500.000 de metros cadrados xa construídos) será o máis grande de Galicia, así o testemuñan.

O potencial turístico deste municipio, con extensos areais, portos, calas, cantís, áreas recreativas ou o seu patrimonio artístico-lingüístico-cultural son unha boa mostra do nivel e da atracción que esperta este municipio alén das nosas fronteiras, polo tanto, esta web é unha ferramenta indispensable para potenciar e poñer en valor todos os recursos dos que dispón o Concello de Arteixo, de 93,4 km2 de extensión.

Saúdo, pois, con moita ledicia a todos os cibernautas e anímoos a que coñezan polo miúdo este concello con encanto situado a tan só 11 km da cidade da Coruña.

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde-Presidente do Concello de Arteixo