arquivos

Arteixo vístese de Entroido

Cultura | Festas

O Entroido chega ao Concello de Arteixo para poñer luz, cor e diversión ao mes de febreiro cun programa que comezará coa inauguración da exposición As embarcacións tradicionais do Arco Ártabro, Ortegal e Mariña de Lugo á cargo da Asoción Cultural Monte da Estrela o mércores 15 de febreiro ás 20:00 h na sala de exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo. Nesta exposición analízase o patrimonio cultural enormemente variado e espallado, ligado ao mundo do mar, que ten como fío condutor as augas que abeiran á Galiza e que son un dos seus principais sinais de identidade.

O venres 17 de febreiro asSircópatas, o dúo formado por Jesús Graña Menduíña e Daniel Blanco Chapela, levarán ao Auditorio de Arteixo ás 20:45 h o seu novo espectáculo, Montaxe. Moitos se preguntarán de onde vén o peculiar nome desta compañía. asSircópatas podería ser perfectamente a combinación das definicións que corresponden a dous termos: circo (situación confusa e desordenada) e psicópata (de psico- + -patía, comparece cun comportamento en desacordo coas normas sociais admitidas como normais para a idade, sexo, época etc., á que pertence). Esta compañía leva traballando na rúa dende 2003. Crece sen présa e sen pausa. Encontra na rúa e no circo, o espazo e a ferramenta para compartir algo que non se quere quedar dentro. Ese algo é a súa forma particular de ver o mundo, o humor, a vida, os conflitos, as solucións... Sempre co obxectivo de facelo dun modo libre, real, absurdo, intelixente, diverso, cheo, estúpido, reflexivo, actual, novo...Así, transformando rúas en teatros e teatros en rúas, e usando os elementos do circo en clave teatral, vai desenvolvendo o seu SIRCO.

Montaxe é unha traxicomedia na que non é doado distinguir onde remata o teatro para dar paso ao circo, unha historia contada sen palabras, na que dous extremos terán que achegarse e sumarse, para exprimir as súas habilidades, malabarismos e comicidade ata a última gota.

O día seguinte, o sábado 18 de febreiro terá lugar o Concurso Infantil de Disfraces, onde os máis cativos serán o centro de atención, exactamente igual que nos parques de xogos do domingo 19 en Oseiro e o luns 20 en Meicende. Xa no martes de Entroido, o 21 de febreiro, tócalle a quenda aos maiores da casa que serán os encargados de levar o peso das carrozas, moverse ao ritmo das comparsas, e de participar nos concursos de disfraces para adultos. Para conducir e amenizar o Concurso de Adultos contamos coa colaboración desinteresada do arteixán Pepe Capelán, coñecido polas súas incursións na TVG.

20120209 - Informativo Radio Arteixo

Informativo | Radio

Concello de Arteixo

Arteixo 09 de febreiro de 2012