arquivos

Comeza a Mostra de Teatro Afeccionado

Cultura | Teatro

A Mostra de teatro afeccionado de Arteixo é dun dos proxectos escénicos máis significativos dos desenvolvidos pola Concellaría de Cultura, tanto pola súa estabilidade, xa que este ano cumprirá 13 anos de vida, como polos grupos que participan nela, pois todos fan teatro afeccionado. As datas da súa programación soen coincidir co Día Mundial do Teatro, que se ven conmemorando dende o 2001 e celebrándose en todo o mundo para a Infancia e a Xuventude, co principal propósitoc de atraer un público máis amplo. Este ano o Día do Teatro conmemorarase o 20 de marzo e entre os actos previstos destaca a lectura e difusión da mensaxe escrita pola dramaturga quebequesa Suzanne Lebeau e que se recolle no programa desta Mostra.

A Mostra de Arteixo naceu coa intención de promocionar e apoiar os grupos de teatro vencellados á vida do noso concello, que desenvolven o seu labor creativo tendo en conta esta terra e os medios cos que contan, dende unha perspectiva totalmente amateur. Ademais das escenificacións dos grupos locais a Mostra enriquécese coas actuacións doutros grupos convidados. Así pois entre as colaboracións habituais destacan o grupo xuvenil Pasapadentro da Asociación Melandrainas, o grupo de maiores de Servizos Sociais, que comezan este ano unha nova andadura baixo o nome de Runxe, Runxe e o grupo de teatro da Asociación Cultural Faíscas, composto unicamente por mulleres. As representacións foráneas corren por conta da Agrupación Teatral Mariñán de Betanzos, o grupo de Teatro Tanxedoira e Asociación de Teatro Afeccionado Coruñés (ATEACO), ámbalas dúas de Coruña.

Aprazada xornada de Rafting no rio Deza do vindeiro 11 de Marzo

Deportes

Logotipo do Servicio Municipal de Deportes

A Xornada de Rafting no Río Deza de ía ter lugar o vindeiro domingo 11 de marzo, aprázase ata novo aviso debido ao baixo caudal do que dispón devandito río, por mor da falta de choiva sufrida nos últimos meses. No momento que as condicións sexan favorables, o Servizo Municipal de Deportes contactará con todos os solicitantes de praza en dita actividade para informar da nova data de celebración.

20120129 - Informativo Radio Arteixo

Informativo | Radio

Concello de Arteixo

Arteixo 29 de febreiro de 2012