arquivos

XIV Campionato de tute Concello de Arteixo

Servizos Sociais

Concello de Arteixo

As Concellerías de Servizos Sociais e de Maiores , organizan o" XIV Campionato de tute Concello de Arteixo" para pensionistas ou xubilados , os apuntamentos son no Centro de Maiores Baiuca , os días 27, 28 e 29 de febreiro de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 h. Comenzo do Campionato o martes, 6 de marzo de 16:00 a 20:00 h.

1ª Proba XXI Liga Galega de Carreiras de Orientación

Deportes

Logotipo do Servicio Municipal de Deportes

O Concello de Arteixo, en terrenos de Freán-Canzobre, acolle o vindeiro sabado 25 de febreiro a primeira proba da XXI Liga Galega de Orientación a Pé. Baixo a organización do Clube APA Liceo, se conta xa cunha participación record en probas deste tipo en Galicia. Están inscritos máis de catrocentos deportistas federados de toda Galicia, homes e mulleres, de todas as idades entre infantís e veteráns, que compiten en sete percorridos especialmente diseñados para o evento, sobre un mapa da zona.