arquivos
O luns 20 de xaneiro celebrarase ás 11.00 h no Salón de Plenos Municipal o sorteo de prazas para Xornada de Barranquismo
Enviado por Deportes o lun, 2012-02-20 08:15 Deportes | Deportes
Lembramos que as persoas admitidas, como resultado do sorteo público, terán o 22 e 23 de febreiro para formalizar a matrícula. Deberase recoller o impreso de pago nas oficinas do Servizo de Deportes, debendo entregar o xustificante de pago no Servizo Municipal de Deportes ates das 14.00 h do xoves 22 de febreiro. No caso contrario procederase á anulación da praza.
Presentación de candidaturas para o OK DE PRATA
Enviado por Xuventude o lun, 2012-02-20 09:46 Actividades | Programacións | Xuventude
Para premiar de xeito especial á persoa ou entidade que máis apoiara e traballara a prol da Xuventude de Arteixo no ano 2011, outorgarase un premio especial, o OK de Prata, dotado cun premio en metálico de 500 € brutos e unha escultura. O prazo de presentación de candidaturas comeza o día de hoxe, e rematará o día 5 de marzo, incluído, segundo as seguintes bases:
Listaxe admitidos Xornada de Barranquismo
Enviado por Deportes o lun, 2012-02-20 12:39 Deportes
Adxuntamos listaxe de persoas admitidas na Xornada de Barranquismo na Serra de Outes, que terá lugar o vindeiro domingo 26 de febreiro, como resultado do sorteo público celebrado hoxe 20 de febreiro ás 11.00 h no Salón de Plenos Municipal. Do mesmo xeito comunícase que a saída actividade será ás 09.30 h diante do edificio do Concello.


















