arquivos

Informativo Radio Arteixo

Informativo | Radio

Concello de Arteixo

Arteixo 04 de febreiro de 2010

Informativo Radio Arteixo

Informativo | Radio

Concello de Arteixo

Arteixo 05 de febreiro de 2010

Carteleira de febreiro

Actividades | Cultura

A Concellaría de Cultura, Turismo, Festas e Feiras pon en marcha un novo programa "Carteleira de febreiro" a través do cal se recollen os diversos espectáculos que se representarán durante este mes e que están dirixidos principalmente á poboación adulta. ( Ver o cartel )

Colgados - venres 5 de febreiro as 20:30 horas

Cultura | Teatro


Os logomonos son monólogos ao revés, monólogos mutantes interpretados polo propio autor. E logo son monos, para lucir no espazo da comedia, espectaculares, peludos, esperpénticos, surreais, actuais, críticos, acedos, divertidos, ha, ha, ha!,  hilarantes como a risa dos monos.

En épocas de crise hai moito colgado.  Homesoga  é un colgado profesional. O concello convídao a facer unha demo nun teatro.

HOMESOGA- Colgarse polos demais é un servizo público, ou non? Papá non quixo seguir coa soga familiar que iniciaran os meus antergos.

Un condón por si ligo! - venres 12 de febreiro as 20:30 horas

Cultura | Teatro

Unha historia con forma de monólogo na que Rober lembra a chegada do seu despertar sexual, e como, gracias á intervención de personaxes tan dispares como Lorena Berdún, John Lennon ou Bruce Lee, conseguiu dar o paso de neno a home (vamos, que botou un polvo). Unha reflexión sobre os traumas adolescentes e inseguridades propias do momento: Cada canto hai que separar a boca nun morreo? Ligaríaa de ter sido meu o BMW? Cal é o dereito do condón? E por que non traen unha marquiña? Por cada cantos nenos corresponde un columpio nos parques infantís? Alguén viu algunha vez cansarse aos que bailan nas tarimas das discotecas maquineras? E por que cando poñen "as lentas" sempre hai máis tíos que tías? A partir de que copa a seducción se considera emborrachamento? Cantos fallos se permiten nun test de embarazo? A resposta a todas estas preguntas e a moitas outras encontralas en: E un condón por si ligo!

Ovay - venres 26 de febreiro as 20:30 horas

Cultura | Música


Ovay é un só de danza interpretado por Henrique Peón e acompañado polos músicos Xose Lois Romero e Suso Vaamonde.