Sorteo de prazas para xornada de rafting no Rio Ulla.
Enviado por Deportes o ven, 2012-01-27 14:35 Actividades | Deportes | Información
O vindeiro luns 23 de xaneiro celebrarase ás 11.00 h no Salón de Plenos Municipal o sorteo de prazas para Xornada de Rafting no Río Ulla
Lembramos que as persoas admitidas, como resultado do sorteo público, terán desde o 31 de xaneiro ata o 2 de febreiro para formalizar a matrícula. Deberase recoller o impreso de pago nas oficinas do Servizo de Deportes, debendo entregar o xustificante de pago no Servizo Municipal de Deportes ates das 14.00 h do xoves 2 de febreiro. No caso contrario procederase á anulación da praza.
20120127 - Informativo Radio Arteixo
Enviado por Radio o ven, 2012-01-27 12:53 Informativo | Radio
Arteixo 27 de xaneiro de 2012
20120125 - Servizo de poda de saneamento das árbores das beirarúas do Concello de Arteixo
Enviado por Contratación o mér, 2012-01-25 12:41 Adxudicacións | Contratación
"Servizo de poda de saneamento das árbores das beirarúas do Concello de Arteixo"
20120125 - Bases reguladoras dunha praza do posto de Técnico de Administración Xeral, adscrito a Contratación.
Enviado por Informatica o mér, 2012-01-25 11:55 Emprego | Persoal
Bases reguladoras dunha praza do posto de Técnico de Administración Xeral, adscrito a Contratación, A1, nivel 22. (Funcionario interino por acumulación de tarefas)
Listaxe de persoas admitidas na Ruta de Sendeirismo Lindando co Horizonte
Enviado por Deportes o mar, 2012-01-24 14:16 Actividades | Deportes | Información
Adxuntamos listaxe de persoas admitidas na Ruta de Sendeirismo Lindando co Horizonte, que terá lugar o vindeiro domingo 29 de xaneiro. Do mesmo xeito comunícase que a saída actividade será ás 09.30 h diante do edificio do Concello.
Inaugúrase a exposición Sen mirar atrás de Dani Montero, gañador do V Premio de Banda deseñada “Castelao”
Enviado por Cultura o lun, 2012-01-23 14:41 Cultura | Exposicións | Información
Este mércores 25 de xaneiro ás 20:00 h terá lugar a inauguración da exposición Sen mirar atrás, do vencedor do V Premio de Banda Deseñada "Castelao", Dani Montero. O acto estará presidido polo alcalde do Concello, D. Carlos Calvelo Martínez e a el acudirá un representante da Deputación da Coruña, organismo promotor desta exposición, e outras autoridades políticas locais.
Tendo en conta, tanto por número como por calidade, o grupo de novos autores de historieta que teñen xurdido nos últimos anos en Galicia, e que compoñen un destacado colectivo que se considera o máis importante do panorama nacional, a Deputación da Coruña, sensible á significación que está a ter este sector da cultura galega, convoca anualmente dende hai 7 anos o Premio de Banda Deseñada “Castelao”. As obras gañadoras foron rotando por diferentes municipios da provincia e o Concello de Arteixo acolle a do vencedor da V edición deste certame.
A exposición exhibirase do 25 de xaneiro até o 12 de febreiro na sala de exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo en horario de luns a venres 10:30 a 14:00 h e de 16:30 a 20:00 h e os sábados de 10:30 a a 14:00 h.
Solicitude de autorización administrativa de instalación eléctrica
Enviado por Urbanismo o lun, 2012-01-23 12:12 Información | Urbanismo
No Diario Oficial de Galicia nº 10 de data 16/01/2012 publícase resolución da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria pola que se anuncia a exposición pública da solicitude de autorización administrativa da seguinte instalación eléctrica:
Expediente: IN407A 288/2011
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: L.M.T., C.T. A Báscula
Inf. pública do expte. 06/2011.AIA: Licenza actividade para fabricación de pan e pastelería na par. 8 B do pol. de Sabón
Enviado por Urbanismo o lun, 2012-01-23 10:55
No Diario Oficial de Galicia nº 13 de data 19/01/2012 publícase edicto do Negociado de Aperturas do Concello de Arteixo en relación ó inicio do trámite de información pública ó que se somete o expediente nº 06/2011.AIA, mediante o que se tramita a solicitude de licenza de actividade para fabricación de pan e pastelería na parcela nº 8 – B do Polígono Industrial de Sabón.
Notificación a Don Pedro García Queijeiro
Enviado por Urbanismo o lun, 2012-01-23 10:47 Información | Urbanismo
No Diario Oficial de Galicia nº 13 de data 19/01/2012 publicase cédula da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de data 02/01/2012 pola que se notifica a don Pedro García Queijeiro a resolución da imposición dunha terceira multa coercitiva derivada do expediente 107 B 2003/6 – 0.
Notificación a Don José Manuel Martínez Iglesias
Enviado por Urbanismo o lun, 2012-01-23 10:40 Información | Urbanismo
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 11 de data 17/01/2012 publicase edicto polo que se outorga a don José Manuel Martínez Iglesias prazo de audiencia pola realización de obras sen licenza na parcela nº 36 do polígono nº 94, parroquia de Suevos, Expediente nº 106/09.EDU.













