Ir o contido principal

XII TORNEO 3 X 3 DE NADAL DE BALONCESTO CONCELLO DE ARTEIXO

O Club Baloncesto Arteixo en colaboración co Concello de Arteixo organiza o vindeiro domingo 8 de xaneiro o “XII TORNEO 3 X 3 DE NADAL DE BALONCESTO”, que terá lugar no Pazo dos Deportes de Arteixo, en horario de 10.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 18.00 h.

O evento é de carácter amigable, estando aberto ao público desde os 6 anos en adiante. Organizaranse grupos con equipos en función das idades dos mesmos, formados por entre 3 e 5 xogadores, que poderán ser masculinos, femininos ou mixtos

Subscribe to Deportes