Abre o prazo de renovación de matrícula para o alumnado da BASICA II de EMMArteixo
O prazo establecido para a renovación de matrícula do alumnado de Básica II comeza o martes 6 de abril, e remata o venres 16 de abril.
Coas modificacións introducidas polo Real decreto 1040/2017, de 22 de decembro, con respecto ó cálculo do período medio de pago das entidades locales, e co fin de axilizar o procedemento de tramitación e conformidade das facturas e reducir os prazos, faise necesario simplificar os trámites definindo os distintos órganos administrativos e oficinas de rexistro e de atención á cidadanía, de xeito que a conformidade resulte o máis axil posible.
Asimesmo, segundo a base de execución 20 do orzamento, todos os provedores que entregaran bens ou prestaran servizos ó Concello de Arteixo, deberán expedir e remitir factura electrónica en formato facturae, e non se admitirá en papel dende o 1 de setembro.
Por todo o exposto, con data 24 de xullo de 2020 aprobáronse os distintos códigos por departamentos co obxecto de que cando unha factura chegue ó Concello sexa dirixida ó departamento que deberá conformala.: RELACIONES DE UNIDADES QUE ACEPTAN FACTURAS A TRAVÉS DE FACE