Ir o contido principal

Deportes

Servizo Municipal de Deportes

 

Misión, VISIÓN E VALORES do Servizo Municipal de Deportes

  1. 1 MISIÓN

Liderar o sistema deportivo de Arteixo mediante unha xestión eficaz e transparente, fomentando o tecido asociativo e promovendo espazos, programas e actividades deportivas para a mellora da calidade de vida da veciñanza.

 

  1. 2 VISIÓN

Ser un referente para a veciñanza como elemento coordinador, vertebrador e impulsor dunha oferta deportiva de calidade, satisfacendo as expectativas e demandas cidadáns

 

  1. 3 VALORES
    • Eficiencia na xestión
    • Optimización na financiación dos servizos
    • Valoración da calidade de Recursos Humanos como parte esencial da organización
    • Apoio ao desenvolvemento do tecido asociativo deportivo local
    • Implementación de programas deportivo saudables na oferta deportiva municipal
    • Considerar o aforro enerxético e o desenvolvemento sostible como parte esencial na xestión das instalacións deportivas municipais.

OBXECTIVOS XERAIS DO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES

  1. Facilitar o acceso á actividade físico deportiva do maior número posible de persoas

 

  1. Coordinar co tecido asociativo a oferta deportiva para a xestión eficiente da programación deportiva municipal, que mellore a calidade do sistema deportivo municipal

 

  1. Construír e xestionar instalacións deportivas comunitarias

 

  1. Desenvolver unha xestión municipal desde os parámetros de eficacia, eficiencia e transparencia.

 

PROGRAMAS DEPORTIVOS MUNICIPAIS

Desde o Servizo Municipal de deportes ofértanse os seguintes programas deportivos:

  • Programa Escolas Deportivas Municipais 
  • Programa Actividades Deportivas Extraescolares 
  • Programa de Natación Escolar 
  • Liga Municipal de Fútbol Sala 
  • Programa Espectáculos e Eventos deportivos
  • Programa Deporte na natureza 
  • Programa apoio ao deporte federado 
  • Oferta Complexo Deportivo Municipal de Arteixo
  • Programa Deportivo de Verán

 

Regulamento de utilización das instalacións deportivas municipais

Novas

O Verán máis deportivo

Campamentos de baloncesto,fútbol ou kung-fu son algunhas das propostas do Servizo Municipal de Deportes para fomentar a actividade durante o próximo verán

Axenda deportiva da fin de semana

Larín acolle entre o 24 e o 26 de marzo a XXII copa de España de cans de utilidade que organiza a Real Sociedade Canina de España. A oferta complétase co II Duatlón Concello de Arteixo que se disputa o domingo e o XI Rallye de Arteixo-Costa da Morte.