Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Novas edicións dos campamentos "concilia", "laboratorio musical" e "diversidade funcional" para a Semana Santa

/ Novas edicións dos campamentos «concilia», «laboratorio musical» e «diversidade funcional» para a Semana Santa

Favorecer a conciliación da vida familiar e laboral das familias e ofrecer unha alternativa de ocio e tempo libre ós nenos e nenas menores
do Concello durante as vacacións escolares de Semana Santa. É o obxectivo xenérico dos campamentos que para este período ofrece, un ano máis, a Concellería de igualdade, servizos sociais, sanidade e Educación.

A oferta é de tres campamentos con actividades diferentes. Trátase do campamento «concilia»; o «laboratorio musical» e unha terceira opción adicada especialmente á rapazada, a partir de doce anos, con diversidade funcional.

O prazo de formalización de matrícula, en todos os casos,  será do 4 ao 6 de abril.

As persoas interesadas poderán formalizar a preinscrición a través de correo electrónico a educacion@arteixo.org do 28 de marzo ao 1 de abril.
Deberán poñer no asunto campamento SEMANA SANTA 2022 e adxuntar o impreso de solicitude e o impreso de declaración complementaria.

 

 

Ir al contenido