Ir o contido principal

O teatro infantil volve a Meicende por terceiro ano consecutivo

A Concellaría de Cultura e Festas pon en marcha, por terceiro ano consecutivo, a Aula de Teatro Infantil en Meicende dirixida a rapazada de entre 6 e 12 anos. O obxectivo é potenciar as súas cualidades mediante o uso da expresión oral e corporal.

A actividades desenvolverase entre outubro e xuño todos os luns de 17 a 18.30 h e será no Auditorio do Centro Sociocultural de Meicende. O pago será anual e o prezo establécese en 5€ ao mes.

Para o desenvolvemento da actividade utilizarase material didáctico accesible, e fomentarase a reutilización de obxectos en desuso, roupas vellas ou papel. Trátase de introducir valores como o coidado do medioambiente e a reciclaxe.

Para se inscribir hai que acodir ao servizo municipal de cultura, no Centro Cívico de Arteixo, até o 26 de setembro. 

teatro infantil

 

Documentos: