Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo dispón de catorce prazas para a rapazada nos campamentos deportivos de verán da Deputación de A Coruña

/ Arteixo dispón de catorce prazas para a rapazada nos campamentos deportivos de verán da Deputación de A Coruña

A Deputación da Coruña, dentro da súa programación deportiva pon en marcha os campamentos deportivos deste verán destinados a máis de 500 rapaces e rapazas dos concellos da provincia.

Ao Concello de Arteixo correspóndenlle 14 prazas na 4ª quenda, do 14 ao 19 de xullo.

Os campamentos están destinados a nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2015, empadroados en Arteixo e desenvolveranse no IES Rosalía Mera da Coruña.

O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe aloxamento e manutención.

Os interesados deben cubrir o formulario de preinscrición e entregalo no Servizo Municipal de Deportes de forma presencial ou na dirección de correo electrónico deportes@arteixo.org.

O prazo de preinscrición remata o 28 de maio.

No caso de ter máis solicitudes que as prazas concedidas a este Concello, realizarase un sorteo público no salón de plenos da Casa do Concello o día 31 de maio de 2024 ás 10.00 horas.

Tríptico iInformativo

Ir al contenido