Pasar al contenido principal

Éxito do primeiro festival folk de Sisalde

Camándula, Aira da Pedra, Dequenvessendo, Xulio Lorenzo, Pat Kilbride, Triskell ou As Revolteadoras son as bandas que protagonizaron o I Festival Folk de Sisalde que organiza a Concellaría de Promoción e Desenvolvemento do Concello de Arteixo. 

Trátase dun evento cargado de música tradicional no que ademáis haberá outros divertimentos coma xogos para nenos, etnografía con visitas ao muíño de Sisalde, e varios postos de artesanía. Na presentación estiveron a concelleira Patricia Amado e o alcalde de Arteixo Carlos Calvelo. 

Tamén contará coa presencia de Tomás González, o oleiro de Gundivós, que traerá unha grella que causa sensación alí por onde vai e unha mostra de cerámica negra da súa propia creación ao mesmo tempo que realizará diversas pezas en cuxa elaboración poden participar as persoas asistentes.

Os diferentes grupos folclóricos realizarán pasarrúas para animar a veciñanza percorrendo lugares de Chamín, Sorrizo, Barrañán, Armentón e Monteagudo; tamén haberá ocasión de saborear un suculento churrasco, polbo ou xantar de forma tradicional levando as viandas da casa para degustalas nunha contorna singular e natural. Bieito Romero, líder de Luar na Lubre presentou un ambicioso cartel de actuacións.