Pasar al contenido principal

Praia de Barrañán

Playa de Barrañan

Areal batido polas bravas ondas do océano o que fai que sexa ideal para a práctica de surf.  Praia  de area branca e fina, ten un paseo marítimo nas súas inmediacións con espazos e mobiliario recreativo así coma un importante sistema de dunas, que forman unha pequena marisma, tras a desembocadura do río Sisalde que ven de percorrer a súa fermosa fraga .Nun extremo da praia posúe a gruta de San Xián, accesible unicamente coa baixamar.

A lenda di que un pescador ceibou un galo na "furna" de San Xián, atado a un cordel por unha pata para poder recuperalo; o galo entrou na sima e apareceu dous quilómetros máis adiante xunto a unha fonte de auga doce.