Pasar al contenido principal

Manuel Murguía

Manuel Murguía

Bases

En 2017 o Certame de narracións breves Manuel Murguía de Arteixo chegará á XXVI edición.

Os relatos: Deben ser orixinais e inéditos (non publicitados en ningún soporte, físico ou dixital) escritos en lingua galega, enviados baixo plica antes do 1 de marzo próximo e cumprindo todas as condicións estipuladas nas Bases (consultar pe de páxina).

Os premios: Un primeiro premio dotado con 4.000,00 €, un segundo de 500,00 € e un terceiro de 300,00 €, todos eles sometidos á correspondente retención.

Información: Para dúbidas pódese chamar ao 981 659 100 do Centro Cívico Cultural ou escribir a cultura@arteixo.org

 

Coordinación

Alfredo Ferreiro Salgueiro foi nomeado coordinador do Certame en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de 30 de setembro de 2015. Naceu en 1969 na Coruña, onde se licenciou con grao en Filoloxía Hispánica (subsección de español). É membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, da Associaçom Galega da Língua e do Grupo Surrealista Galego. Ten publicado varias obras literarias, tanto en libros individuais e como colectivos. Desde 90 colabora como poeta, crítico e tradutor en revistas galegas, portuguesas e españolas. Dirixe, xunto con Tati Mancebo e Ramiro Torres, a revista dixital de artes e letras Palavra comum, orientada para o ámbito lusófono. Actualmente reside en Arteixo.

 

Colaboración

O Certame conta ano tras ano coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, tanto na selección dos xurados como na asesoría sobre cuestións técnico-literarias.

 

Cronograma

Maio de 2016 - Ditame e ágape de celebración

28/02/2016 - Último día para enviar os traballos

Novembro de 2016 - Publicación das Bases

 

Arquivo

A historia do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía está repleta de nomes ilustres, anécdotas e moreas das mellores letras galegas. Todas as que figuran nos sete libros publicados ata a data actual e que recopilan os textos gañadores das súas vinte catro edicións.

Ésta é a historia en cifras dun certame concibido coma unha homenaxe á figura do noso Patriarca e coma un mecanismo de promoción da nosa literatura; neste caso, da nosa narrativa breve, un dos xéneros de m´is tradición entre nós e non por iso menos necesitado de promoción.