Pasar al contenido principal

Música sinfónica, teatro e monólogos para un outono cheo de cultura

A Concellaría de Cultura e Festas pon en marcha, un ano máis, o seu programa "Outono Cultural, un dos de máis aceptación entre a veciñanza e que ofrece a posibilidade de disfrutar de distintas linguaxes escénicas da man de compañías e grupos fortemente consagrados no panorama artístico galego e nacional. 

Teatro, Música, Cinema e Monólogos son algunhas das disciplinas que se desenvolverán durante os meses de outubro, novembro e decembro nos Auditorios de Arteixo e Meicende.

O programa arranca o próximo 28 de setembro co concerto, por segunda vez en Arteixo, da Orquestra Sinfónica de Galicia. Trátase dunha iniciativa promovida pola área de Cultura da Deputación da Coruña co obxectivo de descentralizar a excelencia artística da agrupación facéndoa chegar á veciñanza dos diferentes municipios da provincia. Será no Auditorio do CCC de Arteixo ás 20:45 h baixo a dirección de Aaron Zapico e cun programa de oberturas e sinfonías extraídas de espectáculos teatrais estreados en España no século XVIII compostas por Francisco Corselli, José de Nebra, Cayetano Brunetti, Nicolás Conforto e Juan Bautista Mele.

O concerto será con entrada que se poderá adquirir o 28 de setembro de 11:30-13:30 h e 2 h na Billeteira do CCC de Arteixo até completar a capacidade da sala. O número máximo de entradas por persoa será de 5.

A música tamén será protagonista o 19 de outubro coa actuación de Silvia Penide que ofrecerá un concerto, acompañada da banda de música Santiago de Arteixo na Praza do Balneario que será escenario de outros concertos como Las Antonias ou Rüa Cedrón, a unión de Rosa Cedrón e Emilio Rúa. 

A programación inclúe ademáis a visita de Panadaría, unha das compañías que actualmente figura á vangarda da escena galega, con Elisa e Marcela, unha comedia musical gañadora indiscutible nos María Casares deste ano.

Tamén volverá a Arteixo a compañía  Chévere voltará coas Fillas Bravas, pero desta volta, serán os espectadores do Auditorio de Meicende os que gozarán desta divertida comedia; e Sarabela Teatro, unha das compañías de maior prestixio e das máis premiadas en Galicia traeranos unha montaxe do máis orixinal, Normas para saber vivir na sociedade moderna.

Con respecto ao panorama teatral nacional, destaca a compañía canaria máis mediática Abubukaka, e a súa adaptación desternillante en verso de Drácula, e a madrileña La Estampida con Lo nunca visto, unha obra de personaxes entrañables e sufridores que descubrirán por medio do reencontro e da maxia do teatro, o momento vital no que unha elección cambiou o rumbo das súas vidas.

Outros artistas de renome que nos acompañarán son: Rosa Cedrón con Emilio Rúa en concerto, Las Antonias ou Marcos Pereiro como monologuista.

OSG

Exposición