Skip to main content

Arteixo, capital do minibasquet coruñés

O Pazo dos Deportes será unha festa o sábado 9 de febreiro para acoller, por primeira vez, ata nove partidos oficiais das ligas de minibasquet e preminibasquet de segunda división da delegación coruñesa.

A pista do pazo será escenario para que máis de 100 deportistas en idade alevín e benxamín disfruten do seu deporte e atraian a centos de visitantes ao noso concello. 

A xornada comezará ben cedo coa apertura de portas as 9 da mañán e prolongarase ata preto das dúas do mediodía.

Os equipos de Arteixo xogarán ás 09.30 h, o alvenín masculino; e ás 11 h o benxamín mixto.