Skip to main content

Axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e conciliación laboral e persoal

Obxecto:

Axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE), a igualdade laboral e conciliación laboral e persoal.

Liñas de axuda:

Liña I: Certificacións de RSE. Subvencionarase o 80% dos custos do proceso de obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de RSE cun máximo de 3.000 euros por empresa ou grupo de empresas.

Liña II:
Elaboración e implantación de plans de igualdade. Poderán ser subvencionables os seguintes conceptos: diagnose da realidade da empresa, elaboración dun plan de igualdade, primeira fase de implantación do plan ou contratación a xornada completa dunha persoa con titulación e experiencia ou coñecementos acreditados en materia de igualdade.

Liña III:
Conciliación da vida laboral, familiar e persoal. Comprende tres subliñas:

  • Subliña 1: Incentivos económicos para o fomento do teletraballo
  • Subliña 2: Incentivos económicos para o fomento da flexibilidade horaria
  • Subliña 3: Axudas para os investimentos tendentes a garantir e mellorar o dereito á conciliación da vida familiar e laboral

Prazo de solicitudes (por medios electrónicos):

Ata o 14.03.2019

Ligazóns: